Revitalizar a cultura pensando na bisbarra

0

Compostela, 6 de maio do 2020 – O BNG de Santiago ven de presentar as medidas para revitalizar o sector da cultura e propón plans deseñados para a bisbarra e non só para a cidade.

A voceira municipal, Goretti Sanmartín, explicaba que sendo preciso buscar espazos de pequeno formato que os espectáculos xiren por distintos concellos da bisbarra é unha boa opción

A edil nacionalista considera que para que todo esto funcione é “fundamental que falen co sector, que poida ter voz e por iso é necesario reunir o Consello municipal de Cultura para poder planificar a actividade cultural”

Reprogramación e pagamento anticipado

O BNG reclama que se reprogramen as actividades previstas para os seguintes meses e que se paguen, de xeito anticipado, os gastos e contratos que as empresas culturais tiveron que realizar. Os nacionalistas piden ademais que se axilice o pagamento das facturas pendentes de cobro.

Axudas 2020

Outra das propostas pasa pola publicación de axudas directas ao sector cultural . O BNG considera que se necesitan 300.000 euros para o sector profesional e 150.000 para as asociacións e entidades sen ánimo de lucro, triplicando con estas cantidades a última convocatoria de axudas que data do 2018.

Colaboración entre departamentos

De cara a xestión de todas estas iniciativas Goretti Sanmartín pediu un traballo transversal entre os distintos departamentos municipais como cultura, turismo, comercio, ensino ou sanidade pois “o sector cultural é un motor de dinamización do sector terciario e hai que favorecer esas sinerxías”. Como exemplo  pediu que o sector comercial e da hostalaría poidan contratar espectáculos que dinamicen a actividade nas rúas e nas aulas dos centros de ensino.

 

Compra directa de libros

O BNG considera tamén necesario que o Concello faga compra directa nas librarías para bibliotecas e centros escolares, ademais de ofertar un bono familiar de libros, de organizar actividades de fomento da lectura e de buscar datas para a Feira do Libro e para a SELIC. Propón destinar unha cantidade mínima de 100.000 euros a maiores para estas actividades. Sanmartín fixo referencia tamén a potenciar a narración oral, por ser idónea para os aforos pequenos do rural e centros de ensino nesa oferta descentralizada, para o que propón dedicar 50.000 euros máis.

Creación dun bono cultural e actividades de conciliación

Outro dos puntos presentados foi é a creación dun bono cultural que inclúa descontos específicos e que vaia encamiñado “a estimular e diversificar o consumo, xunto cunha campaña de captación de públicos e promoción da cultura local e galega en todas as súas expresións”. Isto debe ir acompañado de actividades de conciliación, para deixar crianzas e persoas dependentes con programación específica. Proponse comezar estas iniciativas cunha dotación inicial de 100.000 euros.

Un sector precarizado

Según os nacionalistas o sector cultural está moi precarizado e xa antes da crise demandaba reformas, o desenvolvemento de Estatuto de Artista, regularizar a afiliación á Seguridade Social, crear un sistema fiscal acorde á súa realidade, garantir a xubilación digna ou o dereito á prestación do paro. Se no Estado español o sector cultural representa o 2,4% do PIB e en Galiza o 2,5%, en Santiago é o 5,2%, do PIB ademais de ser a cidade galega con máis emprego vinculado á cultura.

Segundo o Informe Anual da Cultura elaborado por Marcos Lorenzo, en Santiago hai 2.307 afiliadas á Seguridade Social no sector cultural e son 494 empresas culturais as que teñen a súa sede na cidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial