Botes de xel con cinta adhesiva de embalaxe nos autobuses urbanos de Santiago

0

Compostela, 10 de setembro do 2020 – O Partido Popular de Santiago ven de criticar a “imaxe bochornosa” das medidas contra o Covid nos autobuses urbanos da cidade.

O Grupo Popular denuncia a situación que se da en moitos autobuses de Santiago nos que os dispensadores de xel hidroalcohólico están suxeitos con cintas adhesivas de embalaxe. Según os populares “este proceder á hora de adoptar medidas de seguridade neste servizo, fundamental para a cidadanía e exposto aos riscos de contaxio epidemiolóxico, ademais de provocar unha vergonzosa imaxe para a cidade, fai que se poidan poñer en dúbida as accións que se están a desenvolver para o cumprimento dos protocolos establecidos neste tipo de servizos”.

Botes de xel con cinta adhesiva de embalaxe nos autobuses urbanos de SantiagoO grupo presentará unha iniciativa no vindeiro Pleno municipal instando ao Goberno a que revise e mellore as medidas adoptadas para reforzar a seguridade e a hixiene sanitaria na frota de autobuses municipais, ao tempo que solicita información sobre a inclusión de medidas anticovid no novo prego de licitación do servizo de transporte público.

Botes de xel con cinta adhesiva de embalaxe nos autobuses urbanos de SantiagoO Grupo Popular de Santiago lembra nun comunicado as palabras do actual concelleiro de Mobilidade nunha sesión plenaria do pasado mandato (xaneiro de 2018), cando nunha iniciativa sobre a mellora deste servizo afirmaba, na súa daquela condicións de concelleiro da oposición, que os pregos do contrato obrigan a “cumprir coas condicións de índole hixiénico-sanitaria, que en todo transporte colectivo de viaxeiros son esixibles, mantendo o exterior e interior dos vehículos co mellor estado estético posible”.

Botes de xel con cinta adhesiva de embalaxe nos autobuses urbanos de Santiago

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial