займ срочно

Compostela busca mellorar a contorna do Parlamento co proxecto Barrio Xardín

0

Compostela, 2 de maio do 2019 – Compostela presenta o proxecto Barrio Xardín que busca desenvolver o potencial comercial da contorna do Parlamento.

Barrio Xardín inclúe a zona situada na contorna do Parlamento entre as rúas do Hórreo, avenida de Lugo, Bernardo Barreiro, Curros Enríquez e Neira de Mosquera. O proxecto contou coas aportacións dos comerciantes e veciños na procura de xeitos de dinamizar o barrio. Inclúese na estratexia Con B de Barrio que desenvolve a Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo.

A responsable do departamento, Marta Lois, e o responsable de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, presentaron a iniciativa nunha rolda de prensa na que tamén interviñeron Lola Puerta, da libraría Aenea, e María José Villaronga, veciña do barrio. Marta Lois mostrou a súa satisfacción “por ver convertido en realidade un proxecto de dinamización comercial que naceu ao abeiro do programa Con B de Barrio, co que quixemos primar a cooperación entre establecementos, a creación de sinerxias entre negocios para obter beneficios compartidos”. A concelleira mostrouse convencida de que “esta é unha maneira de contribuír ao desenvolvemento socioeconómico de Santiago, pero tamén de empoderar ás persoas que se dedican ao comercio”.

En representación do tecido comercial do barrio, Lola Puerta explicou que o proxecto “foi acollido con moita ilusión desde o primeiro día, houbo unha gran participación primeiro dos comerciantes e despois da veciñanza”. A responsable da libraría Aenea explicou que “esta é unha zona da cidade chea de pequenos autónomos, comercios pequenos aos que hai que darlle visibilidade, pero sempre pensamos que isto había que facelo dentro do contexto ao que pertencemos, e da man das persoas residentes”. Ao respecto, María José Villaronga apuntou que “a veciñanza tamén cre que este é un proxecto moi necesario e ilusionante, porque permitiranos poñer en valor espazos do barrio, sobre todo zonas verdes”.

Máis alá do comercio

O proxecto “Barrio Xardín” foi presentado á terceira edición do programa Co B de Barrio co obxectivo de desenvolver o potencial comercial do contorno do Parlamento de Galicia e, ao tempo, de recordar ás personalidades que lle dan nome ás rúas da zona. A proposta foi unha das seleccionadas na convocatoria, e no seu desenvolvemento os comerciantes e a veciñanza “foron moito máis alá das accións meramente comerciais para apostar por iniciativas que permitan poñer en valor esta área de Compostela”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies