займ срочно

Compostela busca pista de xeo para o Nadal

0

Compostela, 23 de setembro do 2017 – A Xunta de Goberno aprobou onte o inicio do procedemento de licitación para a adxudicación da autorización da ocupación temporal da Alameda para a instalación da pista de xeo nas dúas próximas campañas de Nadal.

O alcalde, Martiño Noriega, explicou que os pregos sinalan que a pista de xeo estará instalada entre o 20 de decembro e o 7 de xaneiro, se ben lembrou que “é habitual ampliar despois eses prazos para satisfacer a enorme demanda que teñen estas instalacións”. Ademais, indícase que a pista terá unha dimensión orientativa de entre 400 e 500 metros cadrados, e establécese un prezo máximo de entrada de 10 euros, IVE incluído. A xunta local tamén aprobou o prego que rexerá a licitación, para a que se establece un canon mínimo de saída á alza de 2.000 euros.

Granxa do Xesto

Na reunión de onte, a Xunta de Goberno tamén acordou declarar deserta a licitación da explotación da cafetería da Granxa do Xesto, que se reservara para centros especiais de emprego e empresas de inserción. O alcalde explicou que o Concello non descarta manter esta reserva e abrir un novo procedemento negociado, ou ben convocar un novo concurso aberto e sen reservas.

Uniformes da Policía

Por último, na Xunta de Goberno abriuse o procedemento para o subministro dos uniformes da Policía Local en catro lotes: prendas de confección a medida, complementos, calzado e prendas para a auga. En total, destinaranse case 100.000 euros á compra destes elementos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies