займ срочно

A Cámara de Comercio forma sobre a sucesión nas empresas familiares

0

Compostela, 25 de setembro do 2019 – A Cámara de Comercio ofrecera un taller o próximo 8 de outubro sobre a importancia da sucesión xeracional na continuidade das empresas familiares.

A apertura correrá a cargo de Francisco Negreira do Río – Vogal do Comité Executivo da Cámara de Comercio de Santiago. A continuación comezará o taller falando da importancia da continuidade e da planificación con tempo, do protocolo familiar e da xestión profesional de estas empresas. Sobre estas materias falará Margarita Hermo, Directora da Asociación Galega de Empresas Familiares.

Outros relatores

A xornada contará con Diego Víboras, Socio de  Ausum Asesores e Avogados de Empresa, que falará da fiscalidade das empresas. Héctor Pardo da Notaría Pardo e  Feijoó tocará a cuestión do testamento do empresario e os pactos sucesorios en Galicia: unha perspectiva civil e fiscal.

A xornada comezará as nove da mañá na sede da Cámara de Comercio, rúa de San Pedro de Mezonzo, 44 baixo, e a entrada é libre ata completar aforo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies