A Cámara de Comercio traslada a sede ao viveiro de empresas

0

Compostela, 27 de setembro do 2019 – O Comité Executivo e o Pleno da Cámara de Comercio de Santiago acordaron esta semana a reorganización e a optimización de recursos co traslado do persoal e dos servizos ao Viveiro de Empresas, situado no Polígono de Costa Vella.

A Cámara de Comercio, Industria e Servizos de Santiago de Compostela informa de que reagrupará ao seu persoal no viveiro de empresas que posúe no polígono de Costa Vella, polo que en datas próximas a incubadora, seleccionada como a mellor de España en 2019, 2018 e 2016, converterase na sede única do ente cameral.

A necesidade de reorganizar e optimizar o aproveitamento dos espazos propios e de mellorar os procesos e rutinas de traballo, así como o feito de implantarse no tecido produtivo, procurando igualmente a maior proximidade aos principais accesos da cidade, están na orixe desta reordenación loxística.

Trátase dunha nova formulación estratéxica para beneficiarse de todas as sinerxias, internas e externas, que se derivarán da concentración nun inmoble moderno e innovador, situado na área empresarial compostelá, co fin de lograr unha Cámara máis competitiva.

Este cambio segue a mesma liña que comezou o pasado 14 de marzo no evento celebrado na Cidade da Cultura e, ao que asistiron máis de cincocentos empresarios e emprendedores, baixo o lema Estámoslle a dar unha volta a Cámara.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial