займ срочно

Preocupación polos cambios na unidade de paliativos do CHUS

0

Compostela, 30 de agosto do 2019 – O sindicatoComisións Obreiras ven de mostrar nun comunicado a súa preocupación pola reestruturación  sufrida pola unidade de coidados paliativos do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, o CHUS.

CCOO considera qus os cambios prexudicarán a calidade da atención que reciben os enfermos. Explican que co traslado da unidade ao Hospital Gil Casares, que se realizará en setembro, haberá un único celador para atender o dobre de doentes. Ata o de agora, o servizo tiña un celador propio para esta unidade nas quendas de tarde e de noite, pero na nova localización xa non será así.

Hai menos dun ano, este servizo xa padeceu outra reestruturación que implicou a desaparición de catro postos de enfermaría e dous de técnicos de coidados auxiliares de enfermaría (TCAE). Agora, os cambios aféctanlles aos celadores, que serán recolocados noutras unidades do CHUS.

Comisións ven reclamando nos últimos anos o incremento de celadoras e celadores xa que a día de hoxe hai unidades que en determinadas quendas só dispoñen dunha persoa pese a ter cargas de traballo moi elevadas.

A sección sindical de CCOO no CHUS coida que a Xerencia non debería amortizar, como pretende, seis prazas de celadores e celadoras, senón reforzar as unidades que máis o necesitan.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies