Os taxis colaborarán coa Asociación de Esclerose de Santiago

0

Compostela, 11 de xuño do 2020 – A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM) contará coa colaboración do concello e das asociacións de taxis nunha campaña de concienciación sobre a enfermidade.

“Móvete en taxi pola esclerose. Adquire a túa pulseira solidaria” é o lema de esta campaña na que participarán máis de 150 taxistas de Santiago e comarca. Os viaxeiros poderán mercan pulseiras que servirán para concienciar e recadar fondos para a asociación.

Ximnasio para os doentes

Os fondos que se recaden teñen un fin moi concreto, construir un ximnasio no centro de rehabilitación integral da Asociación, localizado na zona de Salgueiriños.

Os taxis colaborarán coa Asociación de Esclerose de Santiago

Teresa gómez, a dereita, xunto a concelleira de Santiago Mila Castro

Teresa González Salvadores, presidenta de ACEM, explicou que nunha primeira fase vanse pór á venda 3.000 pulseiras a 1,5 euros. Lembrou que, inicialmente, estaba previsto que a campaña comezase en marzo e rematase o 18 de decembro, Día Nacional da Esclerose Múltiple. Pero, coa crise, pedíronlle aos taxistas que venderan as pulseiras ata o 30 de maio de 2021. Teresa González explicou que a intención é que a entrega do cheque co recadado coincida coa carreira solidaria organizada por ACEM o vindeiro ano.

ACEM

A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple é unha entidade sen ánimo de lucro que nace no ano 1995 co fin de contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por esta doenza, así coma a dos seus familiares e coidadores/as. No ano 2007 foi recoñecida como Entidade de Utilidade Pública. Ten como obxectivo levar a cabo accións destinadas á sensibilizacion social e á defensa dos dereitos do colectivo de persoas con esclerose múltiple, así como contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas e das súas familias, a través da prestación de servizos sociosanitarios.

ACEM conta con máis de 20 anos de experiencia na atención a persoas con discapacidade e dependencia. No ano 2009, o Concello de Santiago de Compostela cedeu unha parcela, situada na rúa de Queixume dos Pinos, para a construción do actual centro de rehabilitación integral. É nestas instalacións onde a Asociación ofrece unha atención multidisciplinar e integral, paliativa e preventiva, a través dun equipo de acción conxunta especializado no sector.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial