займ срочно

Compostela acolle de novo o Campionato Galego de Coctelería clásica

0

Compostela, 22 de abril do 2018 – A Capela Real do Hostal dos Reis Católicos acolle este luns o Campionato Galego de Coctelería clásica que otorgará unha praza no nacional que se disputará a finais de ano en Valencia.

Son 18 barmans os que se disputarán o título de Mellor  Barman e Novo  Barman Galego 2018. Os participantes no Campionato Galego de Coctelería clásica terán que elaborar un combinado na modalidade de  sparkling,  o que implica que os concursantes teñen que acabar o seu cóctel cun espumoso.

Xaime Rodríguez gañador da edición 2017

Promovido pola Asociación Galega de  Barmen ( AGABA) o campionato desenvolverase en dúas quendas. Tan só seis dos participantes accederán á semifinal, fase que lles permitirá participar no Trofeo Especial patrocinado polo Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.  O xurado técnico e  degustador tamén otorgará premios á Mellor Decoración, Trofeo  Domart e á Mellor Degustación, Trofeo  St Petroni así como o de Mellor Técnica, Trofeo  Bágoas  do Mar.

Nesta edición o xurado técnico estará composto por Iván  Talens,  Sergio Freire e Diego Mosquera mentres que o  degustador do Campionato de  Coctelería na súa categoría clásico estará composto por Manuel Regueira, xefe de comedor do Hotel Palacio do Carmen, Carlos  Ximenez, catador, Rafael Verde, profesor do CEIP Manuel Antonio, José Garrido, profesor do IES de Vilamarín e os xornalistas gastronómicos Miguel Vila e Eva Millán. Na categoría de  coctelería  acrobática, o xurado  degustador estivo a cargo de Carlos  Rodriguez e Fernando  Selas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies