займ срочно

Compostela acolle o Campionato Galego de Ximnasia Acrobática

0

Compostela, 27 de abril do 2018 – O polideportivo de Santa Isabel acollerá este sábado o Campionato Galego de Ximnasia Acrobática, organizado polo Club Ximnasia Rítmica Compostela, no que está previsto que participan cerca de 200 deportistas.

SONY DSC

O campionato Galego de Ximnasia Acrobática foi presentado pola concelleira de Deporte, Noa Morales, acompañada da directora técnica do Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela, María Cañabate, e da coordinadora da escola de ximnasia acrobática, Belén Ferreiro. Na proba participarán o club organizador, o Ximnasia Rítmica Compostela, xunto aos clubs Flic-Flac, Treboada, Escola Burgas, Nigrán Arco Club e Ximnasia Pontevedra. É a primeira vez que un campionato galego de ximnasia acrobática ten lugar en Santiago, “o que para nós supón unha verdadeira honra”, destacou Morales. As probas terán lugar de 9:00 a 14:00 e de 15:50 a 19:30 horas, en modalidades base e elite.

Club XR Compostela

O Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela conta cun grupo de 23 alumnos e alumnas entre escola e competición, dirixidos por Belén Ferreiro e Irene Antepazo. Na modalidade de base participan neste campionato os equipos trío mixto alevín, trío feminino infantil e parella mixta alevín.

Ademais do Concello de Santiago tamén colaboran co evento a Federación Galega de Ximnasia, a Xunta de Galicia, Silvereira (encargada das medallas e os trofeos), Cangaceiro, Transportes Manuel Ares, Stampa, e o Parking Catedral, que permite aparcar durante toda a xornada por 8 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies