A Cámara de Comercio únese á campaña “Comercio de Confianza”

0

Compostela, 25 de maio do 2020 – A Cámara de Comercio de Santiago ven de unirse á iniciativa da Cámara de Comercio de España de por en marcha o selo “Comercio de Confianza”.

Comercio de Confianza acredita que os comercios compren as medidas de seguridade establecidas no Protocolo e Guía de Buenas Prácticas de la Secretaría de Estado de Comercio.

Cunha sinxela e rápida tramitación telemática para aportar a documentación requerida e unha declaración responsable de ter elaborado o correspondente Protocolo de actuación en materia de seguridade e hixiene, o comercio obterá un distintivo que acreditará ante os clientes que o establecemento cumpre as normas para proporcionar unha experiencia de compra segura.

A Cámara de Comercio únese á campaña “Comercio de Confianza”

A Cámara de Comercio de Santiago poderá levar a cabo verificacións aleatorias tras a emisión do certificado para comprobar o cumplimento do Protocolo presentado pola empresa, que deberá actualizarse en función de novidades que poidan introducirse no Protocolo y Guía de Buenas Prácticas de la Secretaría de Estado de Comercio.

Esta iniciativa poñerase en marcha desde hoxe luns e toda a información podérase descargar na web da Cámara.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial