Compostela buscará a creación dunha comisión de seguimento sobre a Canteira de Miramontes

0

Compostela, 1 de decembro do 2017 – O goberno de Compostela buscará a creación dunha comisión de seguimento sobre a vella Canteira de Miramontes despois de que unha auditoría desvelara abundantes incumprimentos medioambientáis.

Imaxes da Plataforma contra o vertedoiro de miramontes

Imaxes da Plataforma contra o vertedoiro de miramontes

Tal e como se pode ler na web da Plataforma veciñal, no ano 2008 comezou un proxecto nos terreos da antiga Canteira de Miramontes en Grixoa. A finalidade era a recuperación medioambiental ao tempo que se lle sacaba rendemento ao espazo cun vertedoiro e unha planta de elaboración de solos artificiais. Co paso do tempo a Canteira de Miramontes converteuse nunha zona con cheiros, unha enorme colonia de gaivotas, residuos de todo tipo e nun claro perigo medioambiental.

Algunhas das deficiencias denunciadas pola plataforma son:

  • Falta de valado perimetral que impida o acceso ao recinto, co conseguinte perigo para calquera persoa ou animal que se achegue.
  • Imaxes da Plataforma contra o vertedoiro de miramontes

    Imaxes da Plataforma contra o vertedoiro de miramontes

    Ausencia de redes que impidan a entrada de aves de gran tamaño no vertedoiro. Proliferación de gaivotas.

  • Acopios de tecnosolos que zumegan líquidos directamente sobre o terreo.
  • Aplicación de tecnosolos en pendente e en capas de varios metros de altitude, cando a capa non podería superar os 80 centímetros.
  • Balsa de tecnosolos en maduración: segundo a autorización de tecnosolos, a maduración ten que facerse sobre unha placa de formigón, non directamente sobre o terreo, como está a acontecer.
  • Tecnosolos mal feitos con gran cantidade de pilas, plásticos, ósos, compresas… que producen vertidos cara a ladeira. Unha mostra tomada por unha auditoría externa do Concello revelou valores alarmantes de hidrocarburos e varios metais pesados, que superaban amplamente os límites permitidos.

Xan Duro

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, compareceu en rolda de prensa para reclamar a creación dunha comisión de seguimento da que formen parte a Xunta, o Concello, a veciñanza e a empresa explotadora das instalacións. A maiores, o edil adiantou que o alcalde ten solicitada unha reunión coa conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, para abordar a problemática ambiental do complexo “ante a falta de respostas por parte da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental ás comunicacións formuladas desde o pasado mes de setembro”.

Imaxes da Plataforma contra o vertedoiro de miramontes

Imaxes da Plataforma contra o vertedoiro de miramontes

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia explicou que o Concello remitiulle á Dirección Xeral de Calidade Ambiental os dous informes encargados polo Goberno sobre a situación de Miramontes. Xan Duro relatou que non houbo respostas e denunciou “que o departamento autonómico tampouco respondeu ás solicitudes de información formuladas polos autores do informe externo encargado polo executivo municipal, tal e como eles fan constar no documento”.

O edil explicou que ese informe externo recomenda a creación dunha comisión de seguimento “que a veciñanza da parroquia de Grixoa considera tamén moi necesaria”.

Afeccións ambientais

Os dous informes encargados polo Goberno, un asinado por técnicos municipais e o outro por tres enxeñeiros externos, coincide nas afeccións ambientais da canteira de Miramontes.

O informe externo, máis completo e actualizado, fala de importantes deficiencias como “os malos cheiros provenientes do depósito da canteira, pero tamén do tráfico de camións, a superpoboación de gaivotas, a ausencia dun peche perimetral nas instalacións e o arrastre de lixiviados cara o exterior”

Xan Duro explicou que o propio informe propón algunhas medidas a adoptar para paliar as deficiencias. En canto aos olores, “o primeiro debe ser realizar un estudo olfatométrico rigoroso, que permita definir as actuacións necesarias para eliminar as molestias á veciñanza”. Tamén se aposta pola implantación dunha barreira vexetal nas instalacións, a desgasificación activa do vertedoiro e o control da poboación de gaivotas. O informe dos expertos sinala que tamén é preciso que “o almacenamento dos residuos se realice nunha zona impermeable e cuberta, e non a ceo aberto como na actualidade”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies