La Rueda esta noite na Casa das Crechas

0

Compostela, 6 de setembro do 2019 – A Casa das Crechas segue collendo o ritmo da nova tempada e hoxe, a partir das nova da noite, presenta á formación multicultural La Rueda.

Con raíces en Colombia e África, La Rueda é un encontro musical nado en Madrid. Combina ritmos e instrumentos nativos do Caribe e África, como cumbia, djole, mapalé, reggae, entre outros, e mestúraos en directo con ritmos e efectos electrónicos, creando así sons futuristas que levan os  legados ancestrais indíxenas e africanos a ondas psicodélicas e electrónicas modernas.

Presentan o seu primeiro disco, autoeditado, que leva por nome El indio Conakry. Dez temas que recollen todos eses ritmos xa mencionados e procedentes de sitios tan diversos. Procedentes de distintos continentes,

Shango é o encargado de tocar o tambor alegre, Diego da gaita macho e as  maracas, David da gaita femia, mentres que  Aboubacar pola súa banda toca o  Dundun e a  Tambora ademais de ser o vocalista principal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial