A Casa das Crechas abre tempada con Gerson Tineo Trio

0

Compostela, 4 de setembro do 2019 – A Casa das Crechas volve a actividade cultural coa actuación este xoves de Gerson Tineo Trío a partir das nove da noite.

Gerson Tineo comeza os seus estudos de piano aos 11 anos. Desenvolveuse no campo académico combinándoo con outros campos musicais. Da man de profesores europeos e centros de formación musical actualmente está a rematar a última etapa do seu grao en música. Participou en varias clases maxistrais con figuras como Ivan Klansky, no campo académico e Michael Camilo no campo do jazz. Ten participacións en diversas producións musicais, en diferentes estilos.

Gerson Tineo TríoGerson Tineo Trío naceu da preocupación pola interpretación ou adaptación de xéneros musicais de todo o mundo levados ao campo do xénero jazzístico. Esta preocupación é compoñentes comúns do trío. A música de vangarda de hoxe busca recuperar estilos musicais étnicos e adaptalos aos estilos máis clásicos para o que o jazz é máis que unha ponte e unha moderna xanela de exposición musical.

Gerson Tineo, piano

Alfonso Morán, contrabaixo

LAR Legido, batería

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial