Marés Sonoras hoxe na Casa das Crechas

0

Compostela, 14 de novembro do 2019 – Marés Sonoras estará esta noite na Casa das Crechas presentando unha curiosa combinación de vibráfono e saxofón.

Marés Sonoras ´o resultado da unión da  saxofonista galega Patricia  Cadaveira, proveniente da música clásica e contemporánea, e o percusionista catalán Marcel Pascual, especializado en  vibráfono jazz. As súas vidas cruzáronse un bo día en Porto (Portugal) e as súas orixes mesturáronse coas súas vivencias musicais.

Xuntos, suman as súas forzas á doutras colaboracións, coa necesidade común de explorar campos diversos como a música de Manuel de Falla, Granados ou  Turina; o flamenco, as raíces musicais de Galicia, Cataluña ou Portugal, a canción de autor e o fado; e transformalos con creatividade a través das súas adaptacións e composicións propias.

Marés Sonoras presenta na súa música unha  sonoridade  cálida e intensa, froito do traballo minucioso da  música de  cámara e a liberdade da  improvisación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial