Denuncian as carencias en residencias de maiores de Santiago

0

Compostela, 6 de abril do 2020 – A Federación de Sanidade de CCOO denuncia as carencias nas residencias de maiores de Santiago de tuteladas pola Xunta de Galicia.

Segundo o sindicato, en estas residencias hai falta de material sanitario, de equipos de protección individual (EPI), así como desabastecemento de fármacos básicos e infradotación de persoal.

CCOO-Sanidade pide a revisión do protocolo de derivación e ingreso de residentes na unidade de hospitalización Porta do Camiño, segundo o cal só poden ingresar na dita unidade casos confirmados de COVID-19 procedentes de residencias da Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago de Compostela e da Barbanza, con grao de dependencia leve-moderada (grao 1).

Denuncian as carencias en residencias de maiores de Santiago

Desinfección dunha residencia en Santiago por efectivos da UME

Debido a isto, das oitenta camas dispoñibles na unidade asistencial só once están ocupadas. Mentres isto acontece, un insuficiente número de profesionais atende “sen material sanitario nin EPI abondo” a residentes positivos e asintomáticos, que continúan nas instalacións.

Desde o sindicato afirman que en vez do grao de dependencia (modificable cando un residente está enfermo, pois pasa de ser autónomo a dependente) o criterio de derivación a seguir debería ser médico- asistencial e epidemiolóxico.

CCOO tamén solicita Illar os casos positivos que haxa nas residencias de maiores en residencias como a da Porta do Camiño, onde hai persoal sanitario do Sergas para atendelos e poden permanecer illados do resto de residentes sen esta doenza.

O sindicato tamén considera que os casos positivos que precisen hospitalización deberían estar nun centro sanitario hospitalario, público ou privado, “coma calquera outro cidadán que non estea nunha residencia”.

Por último, CCOO pide tamén que todas as residencias de maiores que estean intervidas pola Xunta teñan un profesional de enfermería da sanidade pública que se encargue de coordinar os recursos humanos e materiais, xa que os centros sociosanitarios non son centros sanitarios e a actividade que agora están realizando é sanitaria.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial