Carmen Juanatey fala de eutanasia no Ateneo

0

Compostela, 21 de outubro do 2019 – Os Luns do Ateneo falaran hoxe dun complicado tema, a eutanasia será o tema sobre o que falará a Catedrática de Dereito Penal Carmen Juanatey.

A eutanasia no Dereito Penal español é o título da conferencia de esta tarde. A actividade desenvolverase a partir das 20h na Rúa do Vilar, 19, de Santiago, permitíndose a entrada libre e gratuíta dende as 19.55h ata completar a capacidade da sala.

Carmen Juanatey fala de eutanasia no ateneoA convidada, Carmen Juanatey, é Catedrática de Dereito Penal da Universidade de Alicante e especialista nesta temática con liñas de investigación sobre a eutanasia e o dereito a morrer, os delitos contra a vida e a responsabilidade penal no ámbito sanitario.

Juanatey é Licenciada en Dereito pola USC, Diplomada en Criminoloxía pola Complutense de Madrid e Doutora en Dereito pola Universidade de Valencia. As súas principais liñas de investigación céntranse, ademais de na eutanasia, nos dereitos dos reclusos e a protección xurídica da intimidade. Desempeñou cargos como asesora xurídica do gabinete técnico do Instituto de Relacións Agrarias, Maxistrada da Audiencia Provincial de Alicante e profesora nas Universidades de Valencia e Alicante. Participou en varios proxectos de investigación financiados en convocatorias públicas sobre Dereito Penal, corrupción política ou límites da intimidade, entre outros, e ten publicados numerosos artigos científico-técnicos así como libros e capítulos de libros sobre este tema.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial