займ срочно

21 concertos no Ciclo de Inverno da Banda Municipal de Santiago

0

Compostela, 14 de xaneiro do 2020 – Mercedes Rosón, Concelleira de Cultura, e Casiano Mouriño, director da Banda Municipal de Santiago, foron os encargados de presentar o Ciclo de Inverno da formación.

O Ciclo de Inverno estará composto, ademais de polas actuacións dos domingo, por colaboracións, concertos didácticos e presenza da Banda Municipal nas festas dos barrios.

Mercedes Rosón lembrou que “a Banda de Santiago ten un público fiel e que está moi pendente do calendario de concertos” e expresou o seu desexo de que “as propostas deste inverno sexan do agrado deste público fiel, pero que tamén sirvan para atraer novos públicos”. Destacou a “versatilidade e calidade” e chamou a atención sobre as diferentes colaboracións, como as de Píscore ou o Festival Atlántica, as novas galas líricas ou a participación da formación en festas como as de Sar ou San Lázaro.

Ciclo de Inverno da Banda Municipal de Santiago

Despois dos dous concertos de Reis xa celebrados, e tal como detallou Casiano Mouriño, o Ciclo de Inverno continúa estes vindeiros domingo, 19 e 26 de xaneiro, cos concertos “Grandes clásicos” e “Viaxando cos ventos”, respectivamente. A Banda pechará o mes de xaneiro coa súa participación na homenaxe a Emilia Pardo Bazán que se celebrará na rúa da Trindade.

O calendario musical de febreiro arrincará o domingo 2 cun concerto á carta, saído das propostas elixidas polo público, e coa actuación nas festas de Sar (luns3). O domingo 9 celebrarase o primeiro dos concertos de “Novos intérpretes”, neste caso coa participación da violonchelista Ana Relova.

Unha das colaboracións destacadas do ciclo é a prevista co grupo de percusión Píscore. Será o xoves 13 o venres 14, con dous concertos didácticos, e o sábado 15, desta vez cun concerto familiar. A programación de febreiro continuará con tres actuacións para maiores os días 19 (Residencia Fundación José Otero – Carmela Martínez), 20 (Residencia Volta do Castro) e 21 (Residencia Porta do Camiño). O calendario do mes pecharase cunha colaboración coa Banda do Conservatorio Profesional de Música de Santiago.

Marzo será o mes da lírica, con dúas galas en colaboración coa Asociación Amigos da Ópera de Santiago e coa participación da soprano Clara Panas e do Coro Liceo de Vilagarcía (venres 6 e domingo 8). A Banda tamén se sumará ao Festival Atlántica con “Unha aventura singular” os días 13 e 14.

O Ciclo de Inverno pecharase cunha nova entrega de “Novos intérpretes”, neste caso con Joel Rodiño (saxofón alto) o domingo 29, e cun concerto nas festas de San Lázaro o luns 30 de marzo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies