займ срочно

Orujo de Galicia comeza en Compostela un ciclo de catas musicalizadas

0

Compostela, 14 de xullo do 2020 – O Consello Regulador dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia organiza cinco catas musicalizadas en distintos puntos de Galicia, que comezan este venres en Compostela.

O programa Bagazo de Galicia. Os 5 Elementos terá a primeira cata este venres no Hotel Puerta del Camino de Compostela as seis e media da tarde e co lume como primeiro dos elementos protagonistas.

A presentación da cita contou coa presenza do director da  Axencia  Galega de  Calidade Alimentaria ( AGACAL), Manuel Rodríguez; o vicepresidente do Consello Regulador, Miguel Oliveira; o director do hotel,  Lalo Crespo, e a vogal do Consello Regulador e enóloga, Sonia Otero.

Na súa intervención, Miguel Oliveira destacou que “con este ciclo queremos achegar ao público os Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia desde unha perspectiva diferente. Así, ofreceremos un total de 5 catas temáticas que levarán durante este mes de xullo e o de agosto ás catro provincias galegas. Todas as catas serán gratuítas, previa inscrición a través do e-mail orujo@orujodegalicia.org ou enviando unha mensaxe a calquera dos perfís que o Consello Regulador ten en redes sociais”.

Oliveira agradeceu “o apoio e colaboración prestados tanto polo propio  AGACAL como polo Hotel Oca Porta do Camiño. É unha honra para nós realizar a xornada inaugural nun espazo tan privilexiado como este”, afirmou. A primeira sesión terá lugar no Hotel Oca Porta do Camiño este venres 17 de xullo a partir das 18.30 horas.

A vogal do Consello Regulador e enóloga, Sonia Otero, foi a encargada de detallar o programa de actividades incluídas neste ciclo. En primeiro lugar, explicou por que o ciclo chámase Os 5 Elementos. “Con esta alusión aos cinco elementos da natureza, queremos destacar a vinculación dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia á nosa terra, ao auténtico, ao que nos fai diferentes”, indicou.

“Este paralelismo, engadiu Otero, tamén nos serve para centrar cada unha das sesións nun elemento. A xornada inaugural centrarase no elemento lume e xa adianto que terá varias sorpresas… A segunda sesión, na Coruña, contará co aire como protagonista, mentres que a terceira, en Chantada e dentro do festival Ribeira Sacra  Experience- levaranos ao  éter. As dúas últimas catas terán como referencias a terra -en  Berán-Leiro, dentro do proxecto Ribeiro  Land Art- e a auga –no Serán Terraza da Toxa-, respectivamente”, explicou Otero.

Do mesmo xeito, cada unha das catas centrarase nun ou dous dos destilados amparados polas Indicacións Xeográficas dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. A degustación dos produtos amparados combinarase con “unha experiencia sonora, que son composicións creadas por Rebeca Ponte para o proxecto Bagazo de Galicia. Os 5 Elementos e que se interpretarán en directo xunto co percusionista Carlos Barral. Estou convencida de que este ciclo de catas  musicalizadas non vai deixar a ninguén indiferente”, concluíu a vogal do Consello Regulador.

Pola súa banda, o director do Hotel Oca Porta do Camiño,  Lalo Crespo, afirmou que “estamos moi contentos por poder acoller esta primeira cata do ciclo Bagazo de Galicia, os 5 Elementos. Para Oca  Hotels é moi importante poñer en valor aos nosos provedores, os nosos produtos, a gastronomía e as maridaxes con viños e destilados tradicionais de Galicia. Apostamos pola calidade e a orixe e por iso congratúlanos poder ofrecer aquí esta primeira cata, baseada no elemento do lume, para que tanto os interesados como os nosos hóspedes proben os augardentes 100% galegos”.

Pechou o acto o director do  AGACAL destacando a iniciativa desenvolvida desde o Consello Regulador dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. Manuel Rodríguez valorou moi positivamente a aposta do organismo por organizar actividades diferenciadoras que sirvan para poñer en valor os produtos agroalimentarios con indicativo de calidade e orixe.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies