Magín Blanco e A Banda Das Apertas no Entroido do Gaias

0

Compostela 14 de febreiro do 2020 – A Cidade da Cultura celebrará o Luns de Entroido, día 24, cun baile de disfraces amenizado por Magin Blanco e A Banda das Apertas, con entradas a 3 euros.

No Entroido do Gaias estará tamén o picadiscos infantil Marifaltri. A festa terá lugar no Museo Centro Gaias que se transformará para esta ocasión nun auténtico zoolóxico con cefalópodos,  mamíferos ou anfibios, xa que a temática de disfraces de abano animal é ampla para acadar unha divertida tarde de festa familiar.

Magín Blanco e A Banda Das Apertas no Entroido do GaiasO baile, dirixido a públicos de todas as idades, comezará ás 17,00 horas cunha sesión de música típica destas datas de Carnaval a cargo da DH Marifaltri. A festa continuará ás 18,00 horas co espectáculo-teatral con música ao vivo de Magín Blanco e A Banda das Apertas, onde grandes e pequenos poderán bailar e cantar os coñecidos temas do músico ourensán, como Peixiños do mar ou Rock&Roll do dragón.

Con esta actividade, a Cidade da Cultura ofrece unha alternativa ao Entroido tradicional, protagonista nestas datas en moitas vilas e cidades de Galicia.

Magín Blanco e A Banda das Apertas

Magín Blanco ten un amplo e exitoso repertorio de cancións pensadas para a cativada, que transmiten valores e emocións e que teñen como obxecto divertir, mais sempre contribuíndo ao desenvolvemento emocional dos máis pequenos e pequenas.

Todos os seus temas están compostos por el mesmo e tamén os interpreta na voz principal co acompañamento da súa inseparable guitarra. O músico da comarca de Valdeorras transforma as súas composicións en todo un espectáculo teatral, grazas a unha posta en escena moi coidada e aos músicos profesionais que o arroupan, o que garante gozar non só dun repertorio musical divertido, senón tamén de calidade.

Magín Blanco e A Banda Das Apertas no Entroido do GaiasAs entradas para este Entroido Animal no Gaiás teñen un prezo de 3 euros (+gastos de xestión) e xa están á venda no Museo Centro Gaiás, no web ataquilla.com, venda telefónica (902 504 500) e despachos de billetes de Ataquilla. Ademais, como todas as actividades da Cidade da Cultura, é posible acceder a diferentes descontos e ofertas, que se poden consultar en cidadedacultura.gal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial