Aventuras na monte das artes, o Gaias tamén se apunta aos contidos en liña

0

Compostela, 1 de abril do 2020 – A Xunta de Galicia pon en marcha esta semana na Cidade da Cultura o programa Aventuras no monte das artes, unha actividade en liña que achegará ás familias distintos contidos.

Aventuras na monte das artes tratará de ofrecer recursos culturais e de lecer para que a cativada explore as súas habilidades artísticas a través de xogos e divertidos desafíos. A iniciativa nace no marco da campaña da Consellería de Cultura e Turismo #aculturasegue.

 A través da personaxe a ‘Raposa Fedella’ iráselles presentado ás familias, no Facebook, Instagram ou Twitter da Cidade da Cultura,  desafíos e retos vencellados coa pintura, coa arquitectura, coa fotografía ou con outras disciplinas artísticas. O Servizo de Educación, Mediación e Atención ao Visitante do Museo Centro Gaiás deseñou este programa adaptando os contidos dun xeito pedagóxico para rapaces e rapazas de Educación primaria. 

Aventuras na monte das artes, o Gaias tamén se apunta aos contidos en liñaO obxecto é que esta aproximación ás artes sexa unha experiencia dinámica, estimulante e divertida na que os máis pequenos e pequenas poñan en práctica o seu enxeño e habelencias, á vez que lles supoña unha aproximación desde o xogo e as tecnoloxías.

 Aventuras no monte das artes arranca esta semana e os primeiros protagonistas dos desafíos que lanzará a ‘Raposa Fedella’ serán os ‘misterios’ do cadro El paraíso terrenal, de Pieter Brueghel ‘O Novo’ ou a Biblia Kennicott, entre outras pezas da exposición Galicia, un relato no mundo. Nestas propostas procurarase fomentar a pescuda e tamén a resolución por parte dos rapaces, pero sen apremiar nos tempos para que esta aproximación e interacción se adapte aos ritmos das familias nestas circunstancias excepcionais.

 Máis contidos en liña no web do Gaiás

Aventuras na monte das artes, o Gaias tamén se apunta aos contidos en liñaAventuras no monte das artes súmase aos contidos en liña que a Cidade da Cultura puxo en marcha ante a imposiblidade de programación presencial polas medidas de confinamento. Deste xeito, o Gaiás incorpórase á programación nas redes sociais de #aculturasegue que están a levar a cabo museos, bibliotecas, teatros, arquivos e gran parte do sector cultural galego para tirar proveito destas ferramentas en liña co obxecto de achegarlles aos fogares arte, danza, literatura, etc. sempre desde o paraugas de lecer cultural dixital de calidade, que propicie a creación e consolidación de bos hábitos e prácticas culturais. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial