O Gaias acollerá a carreira de obstáculos O camiño Race

0

Compostela, 21 de setembro do 2019 – A Cidade da Cultura acolleu a presentación de O Camiño Race, unha carreira de obstáculos que aspira a ser das máis importantes de Europa.

As OCR, como se coñecen estas probas, son competicións nas que o corredor ten que superar desafíos físicos ao estilo da coñecida “pista americana”. Escalar paredes, cargar obxetos pesados ou gatear baixo alambre de púas son algunhas das probas que soen formar parte de estas carreiras. O Camiño Race busca posicionarse entre as mellores que se celebran no continente.

presentación O Camiño RacePara Manuel Blanco, director da proba, está carreira resalta o paralelismo que existe entre unha competición de este tipo e o Camiño de Santiago “nesta proba, como no propio Camiño hai moitos obstáculos físicos. Porén, en ambos casos, o principal obstáculo a superar non é físico senón mental e tamén en ambos casos a pesar de que o esforzo é individual e a maior competición é contra un mesmo, un dos seus sinais de identidade é compañeirismo”.

 

Na presentación participou o actual campión de España nesta modalidade deportiva, Damián Espasadín, que afirmou que na súa dilatada carreira na alta competición de carreiras de obstáculos, “O Camiño Race” é un dos percorridos máis espectaculares coa Cidade da Cultura e o Bosque de Galicia como protagonistas e cunha organización que “xa demostrou a súa profesionalidade e bo facer na organización do Campionato de España de 2018”.

Trátase dunha carreira de 8 kilómetros con inicio e remate na Cidade da Cultura e que percorrera o Bosque de Galicia e parte da beira do Sar e que contará con máis de 30 obstáculos de diferentes dificultades, algúns deles verdadeiramente espectaculares, e que aproveitaran espazos moi singulares como o lago ou os túneles da Cidade da Cultura.

Existen diferentes modalidades para poder participar (élite, popular, infantil e discapacidade) e a inscrición xa está aberta. Pódese realizar telematicamente a través da web da proba www.ocaminorace.com ou do portal www.championchipnorte.com (e contan con importantes descontos para os abonados e abonadas ao Multiusos Fontes do Sar e Santa Isabel). Existen tamén importantes premios en metálico así como diferentes agasallos para as e os participantes.

Na presentación estivo presente tamén a Concelleira de Deportes de Santiago de Compostela, Esther Pedrosa quen afirmou que esta proba entronca á perfección coa filosofía do departamento que dirixe. Por unha banda promociona prácticas deportivas para todos/as e inclusivas porque segundo ela “O Camiño Race non é unha carreira exclusiva para atletas de elite, senón para todos os públicos”. E, por outra banda, porque supón unha “boa oportunidade para mellorar a capacidade de Santiago de captar “turismo deportivo” un ámbito destacado no último Plan Estratéxico de Santiago”.

Para o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, que pechou esta presentación, a Xunta de Galicia fixo desde o primeiro momento unha forte aposta por esta proba tanto a través do departamento que el dirixe como do programa “O teu Xacobeo” no cal, cun investimento total de 4,7 millóns de euros, máis de 350 iniciativas como esta recibiron o apoio necesario do goberno galego para a súa materialización.

Para Lete, esta edición será un éxito mais, desde o punto de vista da Xunta de Galicia, o máis interesante deste proxecto é que nace cunha vocación a medio prazo: “imos centrar os esforzos nas dúas primeiras edicións en converter a O Camiño Race na mellor OCR de Europa e en conseguir que Santiago sexa a sede do Campionato do Mundo desta modalidade en 2021, coincidindo coa celebración do Xacobeo”

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial