Compostela, 2 de xuño do 2020 – O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, expresaba onte a súa satisfacción por como a cidade recupera a normalidade.
O incremento do tráfico de vehículos e os indicadores de compra indican que a cidade volve a normalidade a bo ritmo, algo que o alcalde expresaba, de xeito irónico, dicindo que nunca pensara que recuperar os atascos sería unha boa nova
Bugallo facía estas declaracións na rolda de prensa posterior a Xunta de Goberno Local que se celebra todos os luns. En ela aprobouse o novo plan de distribución e autorizacións do mercado de Salgueiriños. O mercado terá 104 postos e os 65 vendedores que solicitaron no seu día o permiso terán preferencia. Ata o 16 de xuño ábrese un prazo para solicitar un posto ata cubrir a totalidade dos permitidos. Tamén confirmou o alcalde que se vai establecer unha tarifa específica para os xoves de utilización do estacionamento de Salgueiriños. Esta medida ten dous obxectivos: facilitar a afluencia de público e promover que os/as comerciantes deixen as súas furgonetas neste estacionamento e non dentro do propio mercado.
Obras
En materia de urbanismo, concedeuse a licenza para a instalación de ascensores en dous edificios de vivendas nas ARI de Vista Alegre e de Pontepedriña. No caso da primeira ARI, súmase así un novo bloque aos que xa teñen ascensor, mentres que a ARI de Pontepedriña trátase do primeiro ascensor. O alcalde mostrouse convencido de que “a partir desta primeira actuación virán moitas máis para instalar ascensores e recuperar fachadas neste ámbito.
Outro dos acordos foi a apertura do procedemento para contratar as obras de acondicionamento do entorno do Centro Sociocultural da Gracia, por un importe de algo máis de 286.000 euros. O traballos, incluídos no POS + 2018 da Deputación da Coruña, permitirán unha mellora de accesibilidade no propio centro e a creación dunha área de xogos e circuíto biosaudable.