займ срочно

Un tractor desapareceu durante un mes do aeroporto de Santiago

0

Compostela, 5 de febreiro do 2020 – A CIG mostra a súa preocupación polos fallos de seguridade do aeroporto que fixeron posible que un tractor desaparecera das instalacións durante un mes.

O tractor pertencía ao espazo denominado de “inertes”, vehículos avariados que se almacenan para unha posterior venda como chatarra. O 23 de decembro foi inventariado e fotografado todo ese material, para confeccionar o expediente de venda, polo que ese día pódese constatar que o tractor atopábase nas instalacións.

 Días despois  según explica o sindicato “de forma sorprendente, cando os interesados no expediente, acompañados por persoal de AENA, van revisar lugar descobren, ao comparar as fotografías cos vehículos almacenados, que falta o tractor”.

Un tractor desapareceu durante un mes do aeroporto de SantiagoDesde a sección sindical da CIG de AENA explican que para acceder a ese espazo hai que pasar dúas portas de seguridade que terían que ser abertas polo persoal de seguridade do aeroporto. Porén, o persoal de seguridade non ten constancia de que ninguén solicitara a apertura do espazo.

Cig – AENA explica que a situación e aínda pior xa que “tras se revisar as cámaras de seguridade, parece ser que para sacar o tractor gravaron un coche grúa ao que se subiu o vehículo”.

Até onde a CIG-AENA ten coñecemento, o asunto está denunciado diante da policía. En todo caso, ademais de manifestar o seu estupor ante un feito tan sorprendente como que ninguén se decate de que se saque das instalacións aeroportuarias un vehículo das dimensións dun tractor, expresan tamén a súa preocupación por un feito destas características.

A volta do tractor

A historia non remata xa que o 28 de xaneiro pola mañá o vehículo reaparece no mesmo almacén.

Diante desta situación a CIG-AENA reclama que se aclare o sucedido para que non se peche en falso un suceso destas características e que se adopten as medidas oportunas para que casos como este non se volvan repetir nunha instalación como un aeroporto ao que se lle supoñen unhas medidas de seguridade moi superiores ás de calquera outra instalación pública.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies