займ срочно

Denuncian o risco ao que se enfrontan os condutores de ambulancias por falta de EPIs

0

Compostela, 18 de marzo do 2020 – A FGAMT-CIG de Santiago denuncia que a falla do número suficiente de Equipos de Protección Individual, EPIs, pode converter as ambulancias da área sanitaria de Santiago e o Barbanza nun foco de infección.

Actualmente hai catro traballadores e traballadoras (dúas da base de Santiago e outras dúas da base de Ribeira) en corentena logo de ter trasladado pacientes que finalmente deron positivo en Coronavirus sen usar os EPIs.

Denuncian o risco ao que se enfrontan os condutores de ambulancias por falta de EPIsSeguindo o protocolo que o 061 entregou ao persoal de ambulancias, os Equipos só se deben empregar cando desde o propio 061 se lle informe da sospeita ou confirmación de contaxio. Algo que non ocorreu nestes casos, que porén, finalmente foron positivos.

Sinalan ademais que nos dous casos as ambulancias seguiron traballando o resto da xornada logo destes servizos, tempo no que se que atenderon máis pacientes, e que estas traballadoras marcharon aos seus domicilios coas súas familias e só horas despois foron informadas dos positivos detectados.

Esta situación tan grave dáse pola escaseza de equipos de protección individual que ameaza co colapso de transporte sanitario nos próximos días, co aumento de casos positivos, de non solucionarse de inmediato. Poñen como exemplo que o luns na ambulancia medicalizada de Santiago, a única existente para as áreas sanitarias de Santiago e Barbanza, había unha única mascarilla por traballador. 

Con respecto ao número de equipos de protección, os delegados de prevención de riscos contactaron coas empresas para saber a cantidade dispoñible, dos que se fan recontos diariamente pola absoluta precariedade de medios. Ante a situación solicitan que a Fundación 061 e o SERGAS lle poña remedio de inmediato, tal e como se comprometeran, xa na actual crise supón un risco inasumible facer así os traslados de pacientes.

Tamén queren facer un chamamento para extremar as medidas de limpeza e desinfección de ambulancias, advertindo que onde non sexa así os delegados de prevención pararán o servizo ante o risco grave e inminente para traballadores/as e usuarios/as.

Desde a FGAMT-CIG ademais denuncian que os empregados e empregadas de ambulancias non están incluídos como persoal sanitario para a realización de probas de detección do Covid19 tendo que acceder a elas como calquera outra persoa, co aumento do tempo de confirmación. Demandan igualmente que non recibiron aínda ningún tipo de formación específica sobre unha situación como esta, sen precedentes no sistema sanitario. 

Finalmente lembran que o transporte en ambulancia, tanto o urxente como o programado, constitúe unha parte fundamental do sistema sanitario e que así debe ser tamén a súa consideración por parte do SERGAS que é o responsable de garantir, en última instancia, a seguridade do persoal e dos pacientes. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies