Un ERTE dun só traballador

0

Compostela, 4 de maio do 2020 – A Federación da Construción e Madeira,  FCM-CIG, de Compostela  denuncia á empresa Santos Cocina Y Baño S.L. por discriminar ao Secretario do Comité de empresa, o único afectado polo ERTE solicitado pola empresa.

O traballador en cuestión solicitara unha adaptación da súa xornada por conciliación familiar. O responsable da FCM-CIG de Compostela, Eduardo Sebio, denuncia que a empresa presentou un ERTE que afectará unicamente a este traballador dun total de 200 empregados.

Un ERTE dun só traballador

Imaxe de arquivo dunha protesta na empresa

Segundo explica Sebio, diante da negativa da empresa a aceptar a súa solicitude de adaptación de xornada o traballador interpuxo unha demanda no xulgado onde se acordou  a suspensión do xuízo polo prazo dun mes para que a empresa buscara unha solución que satisfixera ao traballador e se puidera chegar a un acordo, comprometéndose entrementres a que o traballador non fixera quendas de tarde nin de noite.

O mes cumpriuse o 27 de marzo, en pleno estado de alarma e durante  a aplicación dun ERTE por causa de forza maior na empresa,  esta aproveitou esta circunstancia para, unha vez reiniciado o traballo, facer un ERTE que lle afecta unicamente a el, suspendéndolle o contrato a semana que está de tarde, para non ter así que adaptarlle a xornada, dado que o traballador prestaba servizo en xornadas alternas de mañá e tarde.

Eduardo Sebio matiza ademais que “traballando nesta empresa é moi difícil conciliar, porque a empresa abusa da xornada irregular”.

Diante desta situación a FCM-CIG entende que “este feito é unha discriminación sen precedentes que supón unha vulneración dos dereitos fundamentais de igualdade e de liberdade sindical”. Por iso anuncia que se adoptarán todas as medidas legais e sindicais, sen descartar ningún tipo de mobilización.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial