Reclaman que se usen os hospitais privando no canto dos de campaña

0

Compostela, 1 de abril do 2020 – Con data xa para abrir hospitais de campaña en Compostela e Coruña o sindicato CIG pide que utilicen os recursos, as instalacións e o persoal da sanidade privada.

O sindicato quere tamén que se fagan públicos os criterios que se usan para optar polos hospitais de campaña e o gasto que suporá. Considera un “despilfarro” de recursos económicos, materiais e humanos cando hai centros hospitalarios privados infrautilizados que poderían pór ao dispor da sanidade pública as súas camas e equipamentos.

Para a central sindical resulta incomprensíbel estas medidas cando co propio decreto de estado de alarma obrígase aos centros sanitarios privados a poñer ao dispor da sanidade pública non só as súas instalacións, senón tamén o seu persoal. CIG-Saúde reclama do SERGAS toda a información referida a esta cuestión e os motivos clínicos que levan a optar pola solución de campaña cando pola información que ten ao seu dispor “as camas da sanidade privada están infrautilizadas”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial