займ срочно

Compostela presenta unha nova edición de Hortaliza-te xunto a un ciclo de cine ao aire libre e os campamentos de verán.

0

Compostela, 22 de xuño do 2020 – Compostela segue retomando as actividades nos distintos departamentos municipais e a de mocidade presentou tres citas para o vindeiro mes.

Compostela prepara xa un curso de formación dentro do programa Hortaliza-te, un ciclo de cine ao aire libre na Alameda e os campamentos de verán municipais.

Hortaliza-te

As hortas municipais da Almáciga acollerán no meses de xullo e outubro un curso de formación en agricultura ecolóxica para a mocidade. Nesta actividade traballarase con dez mozos/as, divididos/as en dous grupos, todo o relativo á preparación da terra, á plantación de produto de tempada, ao rego e aos tratamentos ecolóxicos.

As persoas interesadas (de ata 35 anos) poden anotarse a través do correo electrónico dptoxuventude@santiagodecompostela.gal. A participación é gratuíta.

Compostela presenta unha nova edición de Hortaliza-te xunto a un ciclo de cine ao aire libre e os campamentos de verán.Tal como explicou a directora do curso, Luz Eyo, estas clases presenciais completaranse cun asesoramento en streaming a través das redes sociais, con consellos sobre horticultura, especialmente dirixido a antigos alumnos/as destes cursos que agora son adxudicatarios de hortas municipais.

Esta actividade dará lugar ademias a una exposición fotográfica na que se plasmara todo o traballado durante o curso. Ademais, chegado o momento, habilitarase un posto no que se poderán vender os produtos colleitados.

Cine aoaire  libre

A concelleira de mocidade de Compostela, Noa Díaz, presentou tamén un ciclo de cine ao aire libre. Trátase dunha actividade moi reclamada  e que resulta máis pertinente incluso nestes tempos de crise sanitaria. Os filmes foron elixidos a través das redes sociais entre un listado no que había películas de varios estilos e épocas.

As proxeccións serán ás 22:30 horas na Alameda, a carón das escaleiras de subida cara a gardería. En caso de choiva, a actividade suspenderíase.

 

O ciclo desenvolverase en tres mércores de xullo, arrincando o día 1 coa proxección de Call me by your name, de Luca Guadagnino. O 8 de xullo será a quenda de Malditos bastardos, de Quentin Tarantino, e o ciclo pecharase o 15 de xullo con A moza danesa, de Tom Hooper.

Campamentos

Finalmente, Noa Díaz avanzou que se están ultimando os trámites administrativos para os campamentos de verán, nos que se ofrecerán 40 prazas para mozos e mozas de 14 a 17 anos. A Concellaría anunciará en breve a data de inicio do período de inscrición.

O primeiro campamento desenvolverase do 24 ao 31 de xullo en Oleiros (A Coruña) e está enfocado principalmente ás actividades náuticas. O segundo campamento, entre o 3 e o 7 de agosto, levará os mozos e mozas ata San Xoán de Río, en Trives (Ourense), onde realizarán diversas actividades relacionadas coa astronomía.

Máis información en: dptoxuventude@santiagodecompostela.gal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies