Cineuropa, comezar tras 33 edicións

0

Cineuropa 

De esquerda a dereita Javier Trigales, María Vázquez, unha das premiadas en esta edición, Xosé Sánchez Bugallo, alcalde, Laura Seoane, Mercedes Rosón, concelleira, e Jacobo Sutil, director AGADIC

O Festival Cineuropa chega aos 33 coa mesma sensación de incerteza que debeu ter Xesús cando se decatou do que lle agardaba. Tras falar cos novos responsables é doado pensar máis na resurrección e ascenso que na crucifixión.

A marcha, por un defecto de forma na presentación da candidatura, de José Luis Losa non pode ser máis que un punto e seguido. La Tropa Produce, novos responsables de esta edición, falan con respecto e admiración de estas 33 edicións.

En Lindeiros quixemos coñecer máis de cerca aos novos acomodadores e quedamos Con Laura Seoane, directora e Javier Trigales, programador, para apuntar a súa lanterna sobre as novidades de #Cineuropa33. O primeiro saber quen son La Tropa Produce

A este equipo decidiron sumar a Javier Trigales tras unha longa reunión na que a coincidencia de plantexamento foi evidente según el mesmo di

CineuropaUnha das cuestións que sempre xorden é a dos criterios a seguir; tras 33 edicións non se pode negar unha certa persoalidade propia que continuará pero como é lóxico novas persoas traen novas perspectivas

Foi a primeira vez que se presentaron como candidatos a dirixir o festival. Pese a algunha declaración desafortunada a capacidade non se pode poñer en cuestión dada a esixencia do concurso

O público é do máis importante do festival, a implicación co festival é absoluta e iso, en certo modo, será recompensado xa que os premios que outorgan os espectadores pasan de 1 a 5 e ademais os filmes gañadores poderanse volver a ver os dous días seguintes a entrega de premios

CineuropaEste ano o festival abre unha sección dedicada ao cine de animación, unha aposta por un xénero que, como Laura explica, as veces da os mellores froitos en este tipo de eventos

Xa en pasadas edicións de Cineuropa a muller foi gañando en protagonismo. O feito de este ano o dirixa unha muller redunda en esa tendencia que axuda a non perderse a visión da realidade que ten a metade da poboación

O éxito de público, son xa máis de 50.000 espectadores, e de crítica de O que arde pon de novo en primeiro plano da actualidade o cine galego. Cineuropa asume a madurez do feito aqui e afasta a tentación de facer unha sección especial pero o certo é que acollerá 17 películas galegas, algunhas estreas absolutas

Descarga a programación en PDF: Catálogo cineuropa33

Sempre se votou de menos unha implicación maior dos medios de comunicación alleos a cidade ou a Galicia; a visibilidade do festival fora do territorio máis próximo é algo que necesitaba hai tempo ser impulsado e os novos responsables o teñen presente aínda que, como todo, levará o seu tempo

#Cineuropa ten por diante un bo futuro. A ilusión de Laura e Javier asoma cando falan. Rematamos preguntando por si, vindo de preparar eventos como os Premios Feroz ou Festivais como o Conde Duque, as Galas terían un “toque especial” e sorrín recoñecendo que algo traman

Temos un mes por diante para disfrutar de este #Cineuropa33, o Festival colle folgos para unha edición que xa é única antes incluso de que comece. O mellor de todo que os repunantes que sempre ven a botella medio baleira xa calaron e todos agardamos expectantes a que este xoves se apaguen as luces e se inicie a proxección.

Ema de Pablo Larraín será a cinta que abra este xoves #Cineuropa33

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial