займ срочно

Rita Azevedo recolleu o seu premio Cineuropa

0

Compostela, 18 de novembro do 2019 – O Teatro Principal acolleu a entrega do premio Cineuropa á directora e programadora portuguesa Rita Azevedo Gomes nun acto no que participaron a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e a directora de Cineuropa, Laura Seoane.

Azevedo sinalou que recibe o galardón como unha alegría e un estímulo para a continuación do seu traballo e, nesa liña, salientou que momentos coma este son un reforzo para no desistir así como o resultado da persistencia.

Tras a entrega do premio tivo lugar a estrea do último filme de Azevedo, o documental Danses macabres, squelettes, et autres fantaisies, no que traballa xunto a Pierre Léon e Jean-Louis Schefer. Esta proxección enmárcase na retrospectiva que Cineuropa adica á directora portuguesa e na que tamén se poden ver as películas A portuguesa e Vingança de uma mulher.

Xornada do Luns 18

Sharipa Urazbayeva. A directora debuxa en Mariam a historia dunha muller que debe tomar decisións fatais tras da desaparición do seu marido. A película pasou este ano polos festivais de cinema de Locarno e Toronto.

Andrés Goteira, a quen entrevistamos aquí en Lindeiros hai dous anos, terá o luns ocasión de comentar coa audiencia o seu premiado filme Dhogs.

Axenda de Cineuropa do luns 18 de novembro 

TEATRO PRINCIPAL 

16:15 MR JONES Agnieszka Holland 

18:30 MARIAM Sharipa Urazbayeva (coa presenza da directora)

20:30 DRONNINGEN / QUEEN OF HEARTS / RAÍÑA DE CORAZÓNS May el-Toukhy 

22:45 KNIVES AND SKIN Jennifer Reeder 

SALÓN TEATRO 

16:00 LE MILIEU DE L’HORIZON / BEYOND THE HORIZON Delphine Lehericey 

17:45 ASÍ HABLÓ EL CAMBISTA / THE MONEYCHANGER Federico Veiroj 

19:45 ARAÑA / SPIDER Andrés Wood 

22:00 LA GOMERA / THE WHISTLERS Corneliu Porumboiu 

MULTICINES COMPOSTELA 

17:10 PERDRIX / THE BARE NECESSITY Erwan Le Duc 

19:00 KIMI TO, NAMI NI NORETARA / RIDE YOUR WAVE / XUNTOS NO MAR Masaaki Yuasa 

20:40 HONEYLAND Tamara Kotevska, Ljubomir Stefanov 

22:15 JEANNE / JOAN OF ARC / XOANA DE ARCO Bruno Dumont 

CINEMA NUMAX 

17:45 SELFIE Agostino Ferrente 

19:30 LITTLE JOE Jessica Hausner 

22:00 LES ENFANTS D’ISADORA / ISADORA’S CHILDREN Damien Manivel 

MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS 

16:00 BEYOND THE VALLEY OF THE DOLLS / O VAL DOS PRACERES Russ Meyer 

18:00 DHOGS Andrés Goteira (coa presenza do director)

20:00 THE RIVER / CANDO O RÍO MEDRA Mark Rydell

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies