Cineuropa, xoves 14 de novembro

0

Compostela, 14 de novembro do 2019 – Nova xornada de Cineuropa e novas estreas con historias dos Estados Unidos, Canada ou Francia e unha gran presenza de documentais.

Carmine Street Guitar é unha película sobre a descuberta dun artesán de Nova York que constrúe guitarras personalizadas con madeira reutilizada procedente de edificios históricos da cidade. Ville Neuve. presenta en Cineuropa a historia dunha parella no marco do referendo que celebrou Québec para a súa independencia en 1990. Finalmente Notre Dame presenta unha protagonista que deberá atravesar un remuíño emocional ao tempo que consegue, por un malentendido, un contrato para reacondicionar unha zona de Notre Dame.

CineuropaAdemais de estas novidades a realizadora Emmanuelle Bonmariage estará presente para a estrea de Manu, o documental no que fai un exercicio de memoria e lembraza sobre o seu pai, o documentalista belga Manu Bonmariage, un dos pioneiros do cine directo europeo.

Este xoves ademais Ángeles Huerta presentará ante o público o documental Esquece Monelos, un filme que, a través da desaparición do río Monelos na Coruña, reflexiona sobre a pérdida da memoria dos lugares e das xentes.

Mesa redonda

Como guinda do xoves “O estado das cousas”, unha mesa redonda sobre o feminismo no cinema na que participan a directora Ángeles Huerta; a directora até 2018 do festival de cinema fantástico FKM, María Núñez; e a actriz e docente especializada en xénero Mireia Iniesta. Modera a mesa Laura Seoane, directora de Cineuropa. No Auditorio de Galicia, ás 20.00 horas con entrada libre. Ao remate proxectarase Alien o oitavo pasaxeiro de Ridley Scott

Programación xoves 14 

TEATRO PRINCIPAL

16:15 MIDNIGHT FAMILY / FAMILIA DE MEDIANOITE Luke Lorentzen 

18:00 L’ADIEU À LA NUIT / FAREWELL TO THE NIGHT André Techiné 

20:15 PAPICHA Mounia Meddour 

22:15 MANU Emmanuelle Bonmariage ESTREA (con presenza da directora)

SALÓN TEATRO 

16:45 LIBERTÉ Albert Serra 

19:15 CARMINE STREET GUITARS Ron Mann ESTREA

21:00 SOPHIA ANTIPOLIS Virgil Vernier 

22:15 LE DAIM / DEERSKIN / PEL DE CERVO Quentin Dupieux 

MULTICINES COMPOSTELA 

17:10 THE FURY / A FURIA Brian de Palma 

19:15 JESZCZE DZIEŃ ŻYCIA / ANOTHER DAY OF LIFE / UN DÍA MÁIS CON VIDA Raúl de la Fuente, Damian Nenow 

20:50 VILLE NEUVE Felix Dufour-Lapierre ESTREA 

22:15 LADY BIRD Greta Gerwig 

 CINEMA NUMAX 

17:45 NOTRE DAME Valérie Donzelli ESTREA

19:30 NI DE LIAN / YOUR FACE Tsai Ming-liang 

21:15 MEKTOUB, MY LOVE: CANTO I Abdellatif Kechiche 

 MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS 

16:00 THE GHOST AND MRS. MUIR / A PANTASMA E A SEÑORA MUIR Joseph L. Mankiewicz 

18:00 ESQUECE MONELOS Ángeles Huerta  (con presenza da directora)

20:00 THE WARRIORS / OS AMOS DA NOITE Walter Hill 

21:45 BARBARELLA Roger Vadim 

 AUDITORIO DE GALICIA 

20:00 O ESTADO DAS COUSAS. Mesa sobre o feminismo no cinema

ALIEN / ALIEN, O OITAVO PASAXEIRO Ridley Scott (Sala Mozart)

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial