займ срочно

Os contratos de Compostela incluirán cláusulas sociais

0

Compostela, 13 de xullo do 2017 – A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, presentou a proposta de goberno para a incorporación de cláusulas sociais en todos os contratos. Con isto “conseguiremos unha contratación máis responsable e sustentable”, avanzou a concelleira.

Con este acordo, que consistirá na incorporación en todos os contratos públicos dunha serie de cláusulas de carácter social, quere obrigarse ás empresas a que incorporen melloras dende o punto de vista laboral. O obxectivo das cláusulas sociais pasa por lograr a inclusión de persoas en risco de exclusión social ou laboral, fomentar a igualdade efectiva entre mulleres e homes, a inclusión de persoas con diversidade funcional, a promoción da calidade e a estabilidade no emprego, a conciliación da vida familiar e laboral ou a promoción da economía social e as Pemes.

Abril como punto de partida

María Rozas indicou que xa en abril se iniciou o proceso de facer máis responsable a contratación pública “coa aprobación por parte da Xunta de Goberno de reserva de mercado a favor de entidades prestadoras de Servizos Públicos de Interese Económico Xeral, como empresas de inserción ou de economía social”.

Este acordo xa supuxo un impulso decidido á inclusión sociolaboral das persoas con diversidade funcional e en situación de risco de exclusión social, que se completou coa incorporación deste tipo de cláusulas sociais nalgúns contratos concretos, como o de Servizo de Axuda no Fogar, ou reservas de mercado como o dos contedores de roupa e a cafetería da Granxa do Xesto, reservados para empresas con traballadores con diversidade funcional.

Catálogo de cláusulas sociais

A partir de agora, o Concello de Santiago contará cunhas instrucións que serán remitidas a todos os departamentos do Concello para que incorporen nos contratos unha serie de cláusulas sociais que son transversais e que veñen recollidas na lexislación. Tal e como destacou María Rozas, “deberase incluír como mínimo unha cláusula social das que aparecen catalogadas fronte ao criterio único habitual do prezo no proceso de adxudicación”.

No catálogo de cláusulas sociais inclúense: a adopción de medidas de conciliación da vida persoal e laboral, medidas específicas en materia de igualdade, o subcontrato de –cando menos – o 15% do contrato a empresas de Servizos de Interese Económico Xeral, a contratación dun mínimo do 5% de persoas desempregadas, que o número de novos contratos indefinidos chegue ao 30% e que se incorporen melloras na formación do persoal.

A maiores poderase valorar tamén cunha maior puntuación no proceso de contratación aquelas propostas que convertan empregos temporais a indefinidos ou que melloren os salarios dos traballadores. Este acordo terá un período de adaptación de 3 ou 4 meses para non interferir nos pregos de contratos que xa están en tramitación ou elaborados.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies