займ срочно

Compostela prepara os colexios coa incerteza ante o comezo do curso

0

Compostela, 27 de agosto do 2020 – A concelleira de Educación de Compostela, Noa Díaz, explicou en rolda de prensa as obras acometidas nos colexios públicos da cidade.

Santiago actuou en 3 escolas rurais, 6 infantís e en 13 colexios de primaria cun investimento total de 244.302,82 euros. Os traballos centráronse en arranxos e hixienización. Este ano o parón polo confinamento facilitou que desde o mes de abril se puideran recoller datos das necesidades dos centros. A día de hoxe a práctica totalidade de estes arranxos están rematados.

O Concello de Santiago responsabilízase da conservación, reparación e mantemento dos colexios públicos de educación infantil e primaria. As competencias obrigatorias municipais refírense a 23 centros educativos, dos que 3 son escolas rurais, 13 son centros de educación infantil e primaria de carácter público, 6 escolas infantís municipais e 1 escola municipal de música.

Incerteza ante o inicio do curso

Noa Díaz fixo fincapé na interlocución fluída que se mantén cos centros. O 22 de xullo tivo lugar a última xuntanza cos directores que mostraron as súas inquedanzas sobre como se desenvolverán o programa madrugadores, os comedores ou que protocolos se seguirán no inicio do curso escolar.

Preguntada pola posibilidade de que o inicio se retrase a concelleira cre que si os protocolos se coñecen 3 días antes, como avanzou o Presidente da Xunta, si pode ser precipitado comezar o día 10

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies