займ срочно

aCentral Folque abre as inscricións

0

Compostela, 26 de setembro do 2019 – Co apoio do concello de Santiago esta semana comeza a inscrición na escola de música aCentral Folque.

O certo é que a aCentral Folque non é unha escola tradicional, as clases impártense en distintos centros da cidade polo que non ten un espacio físico único ao que acudir. O Romaño, a Trisca, o Castiñeiro ou o Auditorio de Galicia son algúns dos lugares nos que acudir aos cursos dependendo do que prefiramos.

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e Alba María Rodríguez, coordinadora da Escola, foron as encargadas de presentar o novo curso na sala de prensa do concello de Santiago. Rosón destacaba os 19 anos que a escola leva “contribuíndo á  divulgación e, sobre todo, conservación, do canto e baile tradicional; algo moi importante, porque o baile e o canto tradicional e instrumentos como a gaita, a safona ou o violino son parte da nosa identidade e do noso acervo cultural”. Ademais, resaltou o feito de que leven estas ensinanzas aos centros socioculturais, “achegándoas así aos seus potenciais alumnos e alumnas e favorecendo a súa aprendizaxe”.

19 anos ensinando música galega

aCentral Folque leva 19 anos aprendendo música ao redor das formas patrimoniais galegas dende que abriu as súas portas, no curso 2000-2001, o daquela chamado Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, vila onde se mantivo ata o ano 2008, cando trasladou a súa sede a Santiago de Compostela. Nun tempo onde o ensino da música galega estaba restrinxido ao ámbito local dos grupos folclóricos e ao tecido asociativo, esta Escola supuxo un foco de atención a músicos de toda Galicia que podían atender a aulas individuais de especialidades pouco frecuentes como a zanfona ou o acordeón diatónico.

Vinte anos despois e cunha rede moi extensa de lugares e iniciativas semellantes onde aprender música galega por todo o país, aCentral Folque continua a ser referencia docente con características propias como aulas individuais de instrumento ou o único Curso Maxistral sobre a música patrimonial galega.

A Escola é coñecida por contar cun equipo de profesores excepcional formado por algunhas das figuras máis relevantes da escena musical galega. Mestres coma Óscar Fernández, Sergio Cobos, Paulina Ceremuzynska, Sergio de la Ossa, Roberto Sala ou María G. Blanco forman parte do profesorado regular das aulas, mais outros músicos son convidados regularmente a impartir aulas maxistrais nos Monográficos que se celebran puntualmente ao longo de todo o ano en especialidades tan diversas coma birimbao, canto e pandeireta, canto en grupo, frauta irlandesa ou zanfona para crianzas.

Toda a información na súa web

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies