займ срочно

Comeza en Compostela “Vai de viños”

0

Compostela, 17 de agosto do 2020 – Hoxe comeza Vai de viños Compostela, unha das actividades de dinamización incluída no programa Compostela en Marcha.

Vai de viños organízase pola Asociación Hostalaría Compostela e a Asociación de Bares, Pubs e Discotecas en colaboración co Concello de Santiago. A dinámica consiste en rutas por distintas rúas visitando os locais participantes e degustando un viño galego. Esta primeira quincena, que se desenvolverá polo Distrito Altamira e rúas lindeiras, está patrocinada pola adega Lagar de Costa e contará con distintas ruadas.

Os locais participantes son Frebas, Amoado, A Ostrería, Café de Altamira, A Sucursal de Moha, Casa Pepe, Taberna do Tarela, Casa Felisa, Mesón da Troia, Botafumeiro, Forest, Damajuana, Gramola, Filandón, Cervantes, Alvaroque, Fuco Lois, La Quintana, Garigolo, Xuntanza, Benboa, Milongas e Os Croques.

Os clientes poderán optar a varios agasallos cubrindo as papeletas que facilitarán os locais participantes. Con 5 selos entrarase no sorteo dunha viaxe ás adegas patrocinadoras e con 10 selos, ademais de entrar no sorteo, recibirase un agasallo directo de Aceites Abril.

Programa semanal

O resto de actividades programadas para esta semana desenvolveranse desde o mércores 19. Así, ás 21:30 h, proxectarase a película ‘Os Fenómenos’, de Alfonso Zarauza, en San Paio de Antealtares, xunto aos locais A Carrilana, Século IX e Kapital. O ‘Cine Libre’ continuará co mesmo filme o xoves, tamén ás 21:30 h, na Rúa de Entremuros, xunto aos locais O Curruncho e Bicoca.

Comeza en Compostela "Vai de viños"O programa seguirá o venres 21 cun concerto de Raúl Kiokio & Amy Gaviria ás 21:00 horas no Hotel O Xardín de Julia (Virxe da Cerca, 20). O sábado celebrarase unha foliada dentro da actividade ‘Seráns-Tardeo’, desde as 18:00 h na Praza dos Gatos, xunto aos locais A Gramola, A Damajuana e O Paraíso. O domingo haberá unha ‘Sesión Vermú’ en San Paio de Antealtares de 13:30 a 18:00 h coa música de Monoulious DOP.

Todas as actividades faranse mantendo as medidas hixiénico-sanitarias e de distanciamento social necesarias para poder garantir a celebración de eventos fronte a Covid-19.

Para asistir, deberase facer unha reserva no seguinte correo electrónico e presentarse no lugar 15 minutos antes de comezar a actividade para non perder a reserva: reservas@compostelaenmarcha.santiagohosteleria.net

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies