займ срочно

Comeza a terceira tempada do Poetry Slam Compostela

0

Compostela, 16 de setembro do 2019 – Este mércores comeza a terceira tempada do Poetry Slam Compostela, o evento de poesía en directo no que o público ten a última palabra.

O Poetry Slam é un combate poético no que cada participante conta con tres minutos para dramatizar a súa intervención. O sistema de votacións consta de cinco pizarras repartidas mediante sorteo entre o público asistente. O que comezou ala polo 2010 como algo ao que acudían en Barcelona ou Madrid non máis de 50 persoas conta hoxe con 23 delegacións en toda España.

Poetry Slam CompostelaPrecisamente os días 20 e 21 de setembro en Valladolid celebrarase o campionato nacional na que participará o gañador de Santiago. Paulo Maestro era quen se facía con título o pasado 23 de maio no Teatro Principal e agora terá que defender a cidade no encontro nacional.

Terceira tempada en Compostela

O vindeiro Mércores 18 de setembro ás 20hs. comeza a terceira tempada do Poetry Slam Compostela. A cita terá lugar na histórica Praza de Feixòo, no casco histórico compostelán. O evento, organizado por Diego Horschovski, contará cunha apertura musical a cargo de Zeltia Irevire e pechará coas intervencións, tamén musicáis, de Laura Lamontagne e de Sheila Patricia.

Entre os colaboradores do evento atópase o editor Marcelo Saffores e Peter Brea, tamén slammer.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies