Presentan alegacións ao proxecto de almacenamento de residuos en Miramontes

0

Compostela, 30 de decembro do 2019 – O grupo municipal de Compostela Aberta ven de presentar alegacións ao proxecto de planta de valorización de residuos presentado para a antiga canteira de Miramontes.

O proxecto de Miramontes atópase na actualidade no período de consulta pública por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Na alegaciónb Compostela Aberta solicita que non se autorice o seu desenvolvemento, tendo en conta que no complexo da Grixoa acumúlanse xa instalacións nocivas que veñen sendo motivo de conflito permanente coa veciñanza.

A presentación fundaméntase na cualidade de Compostela Aberta como “organización política con ámbito de actuación no municipio de Santiago, e polo tanto, directamente afectada polas actuacións que se leven a cabo en Miramontes”. No escrito rexistrado xa na Xunta, incídese en que “non sería xustificable ampliar as actividades no complexo da Grixoa sen ter resolto o procedemento xudicial en marcha que podería motivar o seu peche, e cando aínda está por determinar o alcance da contaminación e o impacto sobre o medio ambiente e a saúde das actividades que alí se veñen desenvolvendo”.

A formación lembra que en Miramontes existe xa “unha planta de tecnosolos, un vertedoiro e unha canteira, que son orixe de fortes cheiros, acumulación de lixiviados e verquidos incontrolados, e por iso o complexo foi motivo de denuncia por parte da Fiscalía de Medio Ambiente, da veciñanza e do propio Concello de Santiago durante o pasado mandato de Compostela Aberta”.

canteira miramontesResiduos perigosos 

Nas súas alegacións, Compostela Aberta tamén cuestiona as garantías de seguridade que ofrecería a nova planta de valorización de residuos da construción, xa que na documentación sometida a consulta pública recóllese que o proxecto “contempla a recepción de residuos limpos da construción e demolición, que procederán dun proceso de selección en orixe ou dun proceso de valorización en planta intermedia”, pero ao mesmo tempo define unha zona de almacenamento de residuos perigosos na propia planta “en que exista un protocolo específico de admisión de residuos, que serían depositados nunha canteira á intemperie, sen ningunha medida de impermeabilización do chan”. Deste xeito, existe unha enorme probabilidade de que os lixiviados producidos acaben incrementando a contaminación das augas, xa detectada nas analíticas realizadas polo Concello de Santiago e que lle foron trasladadas tanto á Xunta de Galicia como á Fiscalía de Medio Ambiente.

Intensificación do tráfico e protección do medio

CA tamén se refire nas súas alegacións á incremento do tráfico que suporía autorizar unha nova actividade en Miramontes, e pon o acento en que “o único acceso ao recinto é un camiño rural de catro metros de ancho, sen beiravía, e cunha limitación de tonelaxe de 5,5 toneladas; polo que circulan antiregulamentariamente os camións que dan servizo á planta de tecnosolos e ao vertedoiro porque tan só os camións que dan servizo á canteira contan coa necesaria autorización do Concello”.

Por último, CA reclama que se garanta o dereito da veciñanza á saúde e á gozar dun medio ambiente adecuado, dereito contra o que atenta un complexo localizado nunha zona rural, rodeada de aldeas habitadas, de actividades agrícolas e gandeiras, e de regatos e fontes veciñais. Para Compostela Aberta, este tipo de actividades deben desenvolverse preferentemente en solo industrial para garantir a protección do medio rural, a súa biodiversidade e o seu futuro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial