Visita guiada sobre os templarios

0

Compostela, 18 de setembro do 2019 – O sábado 28 en Compostela organízase unha visita guiada, sobre a temática dos templarios, a beneficio de Nico contra o cancro infantil.

A iniciativa parte do guía turístico Juan Segade. Cos templarios como telón de fondo falarase tamén da Santa Inquisición, o pasado romano de Compostela, a simboloxía, etc . Este evento celébrase con motivo do Día Internacional do Turismo, 27 de setembro.

A visita comezará as catro da tarde nos soportais da Casa dá Conga na praza da Quintana. O itinerario percorrerá a Casa dá Conga, A Quintana, o Convento de San Paio de Antealtares, aPraza da Inmaculada, a Praza de Cervantes, a Iglesia de Santa María do Camiño, o Mercado de Abastos, a Praza de  Mazarelos para rematar na  Colexiata de Sar sobre as seis e cuarto da tarde. As colaboracións económicas recolleranse ao final da visita e hai unha fila cero na Caixa: ES59 2100 3887 0502 0005 e unha dirección de correo para máis información contacto@nicocontraelcancerinfantil.es.

Organización, Información y Reservas

Juan Segade 678894867  compostours@gmail.com

Nico contra  o cancro infantil

Nico contra o cancro infantil é unha organización se ánimo de lucro que recada fondos para investigar os problemas do Neuroblastoma. Nico é un rapaz de Ourense ao que con 9 meses diagnosticáronlle esta enfermidade que afecta ao 7% dos nenos con cancro infantil. Trátase dun tumor sólido pediátrico que se caracteriza polo crecemento descontrolado de células nerviosas cancerosas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial