Vendo, compro, cambio, unha mostra fotográfica que fala da posguerra

0

Compostela, 20 de xaneiro do 2020 – A mostra fotográfica ‘Vendo. Compro. Cambio’ inaugúrase esta tarde na Igrexa da Universidade e lembra os escolares galegos da posguerra.

 ‘Vendo. Compro. Cambio’ era a mensaxe coa que o neno Francisco Latorre Eced anunciaba un posto de compra-venda de cómics co que axudar á subsistencia da súa familia, represaliada nos anos da posguerra e refuxiada na cidade de orixe da súa nai, Huesca. Hoxe a mensaxe recupera actualidade como lema da exposición homónima da man da artista María X. Fernández.

A inauguración oficial da exposición, as oito da tarde, presidiraa a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizo, Mar Lorenzo Moledo, e contará coa presenza da propia artista. Esta mostra permanecerá aberta ao público ata o 14 de febreiro de luns a mércores en horario de 17.00 a 20.30 horas e os xoves e venres de 11.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.30 horas.

Esta exposición é afluente do proxecto ‘Río’ que se desenvolve a partir dunha colección de fotografías de fichas de escolares galegos da posguerra e que se iniciou no Vello Cárcere de Lugo para continuar no Pazo Torrado de Cambados e diferentes partes mostráronse no Museu dos Terceiros en Portugal e en IO Deposito en Italia. En ‘Río’ abórdanse dende unha perspectiva artística as consecuencias da Guerra Civil na xeración que medrou á súa sombra. Nela analízanse, coa colaboración dunha psicóloga, as expresións dos rostros para tentar indagar na situación emocional que xeraron a Guerra Civil e a ditadura; induce reflexións referentes a que é e como se constrúe unha persoa, que aparecen e se reflexan como nun calidoscopio.

Catro instalacións son as claves desta mostra: Orixe, Río, Eixo cartesiano e Unus mundus. Nas primeiras clasifícanse as expresións dos diferentes rostros, aplicándolle os valores emocionais da cor ou ordenados nun eixo cartesiano, mentres que Unus Mundus é unha homenaxe póstuma ao neno que deu título á mostra, Francisco Latorre Eced.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial