O proxecto Womarts trae a Compostela a María de Medeiros e The Legendary Tigerman

0

Compostela, 6 de novembro do 2019 – Dentro do proxecto europeo Womarts, liderado desde o Auditorio de Galicia, a próxima semana María de Medeiros e The Legendary Tigerman (Paulo Furtado) darán un concerto na cidade.

Será ao mesmo tempo unha das citas máis destacadas de #Cineuropa33. Non é a primeira vez que María de Medeiros e The Legendary Tigerman traballan xuntos, hai 10 anos adaptaron o clásico de Nancy Sinatra “These boots were made for walking” e agora a música de cine volve a reunilos en 24 Mila Baci.

O concerto forma parte do ciclo Cantactrices, un programa incluído no Proxecto Womarts e que conta co apoio de Creative Europe da Unión Europea, e está previsto para o día 13.

María de Medeiros e The Legendary TigermanMaría de Medeiros

Maria de Medeiros, actriz, cantante, realizadora e directora de escena, é “Artista pela Paz” da Unesco, “Oficial das Artes e das Letras” en Francia, e moitas veces premiada tanto como intérprete como polas súas creacións.

Nacida en Lisboa, criada en Viena, formouse no Conservatorio Nacional de París, onde comezou a súa carreira teatral. Traballou con artistas de todo o mundo e tan diversos como o mestre portugués Manoel de Oliveira, os realizadores norteamericanos Phil Kaufman en “Henry & June” ou Quentin Tarantino en “Pulp Fiction”, os cineastas-culto Bigas Luna, Guy Maddin, Abel Ferrara, ou Teresa Villaverde en “Três irmãos”, que lle deu a Coppa Volpi á mellor actriz no Festival de Venecia.

Escribíu e dirixíu “Capitães de Abril”, selecionado no Festival de Cannes, e varios documentais, entre eles o premiado “Repare Bem” no Brasil.

Dirixíu en París e no Teatro Municipal São Luis en Lisboa “Que cavalos são aqueles que fazem sombra no mar”, de António Lobo Antunes.

Con tres obras discográficas editadas, entre elas “Pássaros eternos” como autora compositora, presentouse en numerosos países, entre eles Europa, México, Canadá e Brasil.

María de Medeiros e The Legendary TigermanThe Legendary Tigerman (Paulo Furtado)

The Legendary Tigerman é o alterego de Paulo Furtado. Inspirado no vello formato de one-man-band nacido nas marxés do Delta do Mississipi, é un concepto adaptado e vivido no Século XXI, cunha estética moi particular xa que á formación clásica, bombo, prato de choque e guitarra, xúntanse solucións electrónicas.

Tigerman realiza regularmente concertos en varios paises, Portugal, España, Francia (primeiro artista portugués en actuar no Festival Trans Musicales de Rennes), Suiza, Alemania, Bélgica, Inglaterra, Estados Unidos, xapón onde dou sete espectáculos en tres días no Fuji Rock Festival, ou Brasil no Rock in Río.

No 2011 conságrase definitivamente enchendo os coliseos de Lisboa e Oporto cun elenco de convidados excelente e dous espectáculos inesquecibles.

.No seu traballo fotografía e cine son tan importantes como a música.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial