займ срочно

Ruxe Ruxe estrea en Compostela o seu novo disco

0

Compostela, 11 de febreiro do 2020 – Ruxe Ruxe ven de lanzar este luns o seu novo disco, O estraño falar dun monstro da aldea, e o presentará en directo este venres na Sala Capitol.

Ruxe Ruxe atesoura 11 discos no mercado e 24 anos de traxectoria musical. Son toda unha referencia con máis de 200 cancións orixinais. Este novo disco, gravado nos Estudios Gárate de Andoáin (Gipuzkoa) con Kaki Arkarazo, non fai máis que confirmar o bo momento do grupo e da música feita en galego.

Ruxe Ruxe estrea en Compostela o seu novo discoOs que coñecen a Ruxe Ruxe destacan o seu “espírito de loita, do rock do país, do rock libre e de combate, do realismo máxico e do corpo a corpo sinceiro, directo e emocional, a esencia do adn dos Ruxe Ruxe queda patente en cada disco editado e en cada concerto que deron dende os seus inicios no ano 96”.

 A banda leva estes 24 anos tocando por todo o país e facendo xiras que os levaron tamén fora das fronteiras galegas recibindo sempre a mellor acollida alá onde foran.

Ruxe Ruxe estrea en Compostela o seu novo disco

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Este venres presentan o seu novo longa duración na Sala Capitol. Despois estarán en Coruña, Pontevedra e Boiro comezando unha promoción que durará os próximos meses.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies