Concerto solidario de NormalizAutismo no Teatro Principal de Compostela

0

Compostela, 4 de febreiro do 2020 – O Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá este venres, 7 de febreiro, o segundo concerto solidario que organiza NormalizAutismo.

NormalizAutismo Galicia promove o evento co obxecto de fortalecer o labor inclusiva das persoas con trastorno espectro autista na sociedade galega a través da música.

Concerto solidario de NormalizAutismo no Teatro Principal de CompostelaGuadi Galego, Luís Fercán, Yoli Saa,  Jorge Casal, Xabier Vizcaíno, Vicky Gastelo e Adriana Moragues estarán entre os cantautores que actuarán neste concerto. A recadación deste irá destinada integramente ao desenvolvemento de campañas informativas e de sensibilización para a visualización e mellor comprensión das afeccións que acompañan ao trastorno espectro autista.

O evento desenvolverase a modo de gala benéfica na que se combinarán as actuacións musicais coa informacións aos asistentes  sobre as principais aptitudes e dificultades que as persoas con trastorno espectro autista manifestan, para contribuír a unha convivencia mais inclusiva, aberta e bidireccional.

Os artistas convidados intervirán dun xeito individual e colectivo mediante a participación e colaboración entre todos eles. Así, acadaranse versións en acústico das melodías, linguas e voces nunca antes escoitadas polos amantes da música de autor e do son en acústico, tratándose esta iniciativa por tanto, dunha proposta específica no ámbito cultural no que se proxecta.

Guadi Galego estará acompañada doutros artistas galegos como Luís Fercán, Jorge Casal, David Prado, Xabier Vizcaíno, Silvia Penide e Álvaro Iglesias. Outros artistas nacionais como Rebeca Jiménez, Fran Fernández, Dani Hare, Yoli Saa, Adriana Moragues y Vicky Gastelo sumaranse coa súa colaboración a esta iniciativa de normalización e visualización do trastorno espectro autista.

As entradas atópanse á venda online a través do portal de Abanca e á venda física na taquilla do Teatro Principal de Santiago de Compostela. Disporase de Fila Cero para o que non poida asistir.

Concerto solidario de NormalizAutismo no Teatro Principal de Compostela

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial