The Last International estarán en Compostela en febreiro

0

Compostela, 18 de xaneiro do 2020 – The Last International estarán en Compostela o vindeiro mes de febreiro, na sala Capitol o día 16.

Santiago será unha das cinco cidades que The Last International visitarán na península, xunto con Braga, Lisboa, Madrid e Barcelona.

Rock sen tregua

Rock sen tregua, letras incendiarias e moita emoción son os ingredientes fundamentais do tándem formado por  Delila Paz e  Edgey Pires. Desde o seu nacemento en 2008,  The  Last  Internationale alternou en escenarios de medio mundo con figuras tan imprescindibles como Robert  Plant, Neil Young,  The  Who,  Kings  of  Leon,  Slash,  Scott  Weiland,  Weezer,  One  Republic, Tom  Morello,  Lenny  Kravitz,  Incubus ou Royal  Blood, entre moitas outras.

Habitual dos circuítos  festivaleiros máis relevantes de América e Europa, a banda neoiorquina destaca especialmente polas súas  electrizantes actuacións en directo. No seu haber cítanse os álbums  We Will  Reign (2014) e o máis recente Soul  of  Fire (2019), cuxo primeiro single,  Hard Time, alcanzou o número uno na lista de  blues de  iTunes en Reino Unido, coándose, ademais, no  top 20 en diferentes países do mundo. Rock rebelde e pegadizo en estado puro.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial