займ срочно

Stop Desahucios Compostela protesta polas comisións de Abanca

0

Compostela, 1 de xullo do 2020 – O colectivo Stop Desahucios Compostela convoca hoxe mércores unha concentración para protestar polas comisións de Abanca.

A cita de Stop Desahucios será as doce e media na na Oficina Principal de ABANCA, situada na Rúa de Monteros Ríos, Nº 7 (Praza de Galicia).

Tal e como explica o colectivo a partires do 1 de xuño deste ano, ABANCA cobrou á clientela “comisións totalmente abusivas”. Na conta denominada “0 Comisiones” (e no resto de contas) están a cobrar 50€ semestrais en conceptos de mantemento e de administración.

Stop Desahucios denuncia que estas comisións aplícanselle as contas das persoas máis humildes que son as que non cumpren os “requisitos” impostos unilateralmente desde o banco (Ter un saldo determinado na conta, facer pagos coa tarxeta polo menos de 2000€, determinadas domiciliacións,…). A consecuencia, engaden, e que a debandita comisión de 100€ anuais, por ter una conta aberta “váiselle cobrar a pensionistas, xente en ERTE, desempregadas…”.

A situación agrávase en moitas localidades do rural galego onde só hai oficinas de Abanca o que supón unha gran indefensión para a xente que vive alí, que non pode elixir outra entidade, aparte de que “xustamente no rural galego a poboación é máis envellecida e fai un menor uso de tarxetas, banca electrónica, e outros produtos bancarios, polo que son vítimas potenciais destas comisións abusivas”.

Lembran tamén o esforzo que supuxo no seu momento o rescate da caixa galega “9.000 millóns de euros que saíron dos nosos petos, e seguen esixíndonos máis contribucións económicas”.

Concentración

Stop Desahucios indica que os obxectivos da Concentración son

“1. Mostrar o descontento xeneralizado co cobro destas comisións das nosas contas correntes.

  1. Recuperar os cartos que nos están a sustraer de xeito fraudulento.
  2. Chamar a atención da necesidade dunha banca pública, transparente e democrática.

Para cumprir estes obxectivos non cesaremos nas nosas actividades, organizándonos e utilizando todos os medios legais posibles para facer xustiza diante dun feito que consideramos inmerecido e cruel.”

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies