Xa se coñecen as 109 creacións que participarán no SantiagoéTapas

0

Compostela, 13 de novembro do 2019 – Alpargata rural, bocata de touciño, tempura de polbo ou raviolis de galiña son só algunhas das 109 imaxinativas preparacións que este ano compiten no SantiagoéTapas.

Ao Santiagoétapas engádese este 2019 SantiaéCoctel, que se celebrará en paralelo cunha oferta de 25 combinados. A decimo segunda edición do concurso bate as previsións e conta con máis participantes que nunca con 77 locais.  Un pode organizar a súa propia ruta tanto na web como na app para movil Quedamos de tapas

santiagoetapas

SONY DSC

O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e o directivo da Asociación Hostelería Compostela e coordinador da organización dos eventos, Lois Lopes, presentaron o concurso que se celebrará desde mañá e o 1 de decembro. No caso dos petiscos, celebrarase ademais unha final do 6 ao 8 de decembro con dez propostas finalistas.

Sindo Guinarte destacou que, segundo o Centro de Estudos Turísticos, “comer nun restaurante” é a segunda actividade que máis fan as persoas que visitan Santiago, só tras visitar a Catedral e o seu entorno. O 93,6% das persoas que visitaron a cidade no 2018 comeron nalgún restaurante de Compostela, polo que o sector da restauración é un beneficiario directo do incremento nas cifras de turistas, peregrinos e visitantes que se están producindo en Santiago.

Lopes quixo agradecer na súa intervención o esforzo de todos e cada un dos participantes nestes concursos. “Valoramos moito a implicación dos hostaleiros e hostaleiras desta cidade, que presentan nesta edición un gran número de tapas e cócteles con moita calidade.  Moi por enriba doutros concursos similares da contorna, ou incluso de toda Galicia”, opinou.  

O XII Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Santiago, é un evento organizado pola Asociación Hostelería Compostela, promovido por Turismo de Santiago, co apoio da Deputación de A Coruña, e o patrocinio de Mahou. Tamén colaboran Cash Record, Coca Cola, Finca Viñoa e Aceites Abril; así como o festival de cine Cineuropa, a Asociación de Celíacos de Galicia, o movemento Slow Food e Utimaq. O I Santiago(é)Cóctel é un concurso organizado pola Asociación Hostelería Compostela.

santiagoetapas8 (é)Tapas e moitos premios

Nesta XII edición do Santiago(é)Tapas participarán 53 tapas na modalidade tradicional (cun prezo de entre 1 e 2 euros) e 56 tapas na modalidade creativa (de entre 2 e 3,50 euros). Co fin de fomentar o uso de produtos autóctonos e de proximidade, todas elas inclúen, cando menos, un produto pertencente a algunha das denominacións de orixe ou indicacións xeográficas protexidas de Galicia.

No que se refiere ao Santiago(é)Cóctel participarán 13 Cócteles clásicos (cun prezo de 5 euros) e 12 Cócteles creativos (cun prezo de 6 euros).

O público poderá votar polas tapas e cócteles a través dos pousavasos oficiais que atoparán nos locais participantes, depositando o seu voto nas urnas correspondentes.

Para percorrer os distintos locais participantes elaborouse un Tapasporte dividido en 8 (é)Tapas e unha ruta de cócteles. O Tapasporte estará dispoñible a partir de mañá, 13 de novembro, na Oficina de Turismo de Santiago (Rúa do Vilar, 63) e na sede da Asociación Hostelería Compostela (Rúa Salvadas, 29). Tamén poderá descargarse da páxina web santiagoetapas.gal 

Os locais deberán selar o Tapasporte a todos os clientes que consuman as tapas, puidendo así optar a numerosos premios por completar as diferentes (é)tapas. Galardóns que inclúen desde entradas para Cineuropa, viaxes no tren turístico ou vales de compra no Mercado de Abastos; ata ceas para dúas persoas, noites de hotel e un voo en ultralixeiro pola Costa da Morte. (Os premios poden consultarse na páxina web).

Gañadores

Todos os establecementos inscritos optarán aos premios do público outorgados a partir das votacións dos consumidores emitidas durante os días de celebración dos concursos Santiago(é)Tapas e Santiago(é)Cóctel do 14 de novembro ao 1 de decembro. Haberá un premio do público á tapa creativa e un premio do público á tapa tradicional, dotados con 700 euros cada un. Así mesmo, premiaranse dous cócteles, un creativo e un clásico, con 500 euros cada un.

Ademais, un xurado profesional seleccionará as dez tapas finalistas dos premios Santiago(é)Tapas, que competirán de novo na final do 6 ao 8 de decembro. A elección das tapas gañadoras dos premios Santiago(é)Tapas 2019 entre as finalistas farase mediante a ponderación da valoración do xurado profesional e a puntuación media obtida dos votos populares. Outorgaran un primeiro e un segundo premio á tapa creativa, dotados con 1.000 e 500 euros, respectivamente; un primeiro e un segundo premio á tapa tradicional, tamén con 1.000 e 500 euros; e un premio maridaxe Mahou, con 500 euros en producto e un showcooking nun evento Mahou.

O gañador do premio Santiago(é)Tapas que obteña unha maior puntuación do voto ponderado do xurado e do público representará a Santiago no concurso autonómico ‘De tapas por Galicia’, organizado por Turismo de Galicia.  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial