Rematan os traballos na Igrexa de San Caetano

0

Compostela, 10 de marzo do 2020 – O Consorcio de Santiago rematou as obras de mantemento da igrexa de San Caetano, que tiveron un investimento de 19.758,63 euros.

O responsable deste proxecto é o arquitecto da Oficina Técnica do Consorcio Pablo Tomé. Explica que “o problema fundamental da capela de San Caetano era o relativo á súa imaxe exterior. Podíase apreciar certa deterioración da pintura e da pedra nas catro fachadas, fundamentalmente nos muros que sobresaen do tellado para formar o cruceiro do corpo central do inmoble”.

Rematan os traballos na Igrexa de San CaetanoO arquitecto destaca a sucidade que había na pedra da fachada principal, en particular no campanario, “circunstancia que non tería maior importancia de non ser pola localización estratéxica que a igrexa ten á entrada a cidade na cara norte, con moita visibilidade debido á súa presenza illada”.

Segundo Tomé, no interior da igrexa podíase apreciar certa humidade en parte dos muros que sosteñen a cúpula central. Esta situación debíase, en boa medida, ao desprendemento dunha das baixantes do tellado deste corpo. Por outro lado, o tellado que cobre o pequeno corpo da esquina noroeste, que antigamente fora unha vivenda, estaba en estado regular, posto que non fora rehabilitado ao tempo que o resto.

As intervencións realizadas

Entre as intervencións que se realizaron na capela, destaca a renovación da pintura exterior das catro fachadas e do corpo central da igrexa. Ademais, realizouse unha limpeza da pedra da fachada principal co campanario e as esquinas. Por último, levouse a cabo a renovación do tellado da esquina noroeste coa introdución dun lucernario en substitución duna vella uralita translúcida.

“Moi importante foi a consolidación da parte superior da espadana e a súa unión coa caseta situada na parte posterior, que estaba totalmente separada. Tamén se renovaron as grapas de metal de unión da sillería da espadana; ao tempo que se consolidou a base esférica da cruz, que estaba completamente aberta” -indica o arquitecto-. Tomé salienta que, “así mesmo, modificamos as baixantes de pluviais da esquina sureste para diminuír a auga da chuvia do parterre, responsable de gran parte da humidade do chan do altar”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial