Compostela constitúe a comisión da auga

0

Compostela, 8 de xaneiro do 2019 – Tras o acordo alcanzado no pleno de novembro o concello de Santiago ven de constituír a comisión da auga, formada por técnicos, funcionarios e representantes políticos.

A comisión da auga terá como tarefa determinar a forma máis sostible e eficiente de xestionar os servizos de abastecemento de auga e saneamento e depuración de augas residuais. Na xuntanza acordouse contratar unha consultoría externa que realizará un estudo comparativo das distintas opcións para a xestión dos servizos de abastecemento de auga e saneamento e depuración de augas residuais, que contemplará tanto a posibilidade da xestión municipal como as diferentes opcións de xestión indirecta. Está previsto que o prazo para a elaboración dese informe sexa de dous meses.

Un momento da reunión

A reunión foi presidida polo concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro. A comisión quedou formalmente constituída pola concelleira de Facenda e Persoal, dous representantes do PP, un do PSOE e un do BNG; o interventor municipal, o secretario do concello, os directores das áreas de Urbanismo, Facenda e Persoal e Asesoría Xurídica; os xefes dos servizos de Contratación, Persoal e Saneamento, e o economista da Oficina Orzamentaria.

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, explicou que “o servizo da auga leva 34 anos sendo xestionado en Santiago pola mesma empresa, cun contrato que vencía en 2007 pero que no ano 1998 foi prorrogado ata o 2019”. Para o edil, “é fundamental reflexionar sobre os modelos de xestión, pero tamén sobre as mudanzas lexislativas e os cambios na estrutura da cidade que lle afectan a un servizo esencial e que lle afecta directamente á vida da cidadanía como é o da auga”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial