займ срочно

Santiago Centro en contra da prohibición de rebaixas

0

Compostela, 13 de maio do 2020 – A Asociación de comerciantes Santiago Centro rexeita que as rebaixas sexan prohibidas mentres se permiten a través da rede.

Para Chema Fernández, presidente, as rebaixas non teñen por que influír no respecto ás normas de seguridade e hixiene “Están mandando aos clientes a buscar descontos en Internet e animándoos a que abandonen o comercio local”.

Santiago Centro en contra da prohibición de rebaixasA Área Comercial considera que a orde do Goberno prohibindo as rebaixas físicas pero permitíndoas online pode chegar significar “o tiro de graza para un sector tremendamente afectado pola crise da Covid‐19”. Con esta medida favorécese unicamente ás grandes marcas e distribuidoras de produtos por Internet, que agora contarán coa vantaxe engadida de seren os únicos con descontos mentres os establecementos tradicionais retallistas se ven na obriga de manter os prezos.

Fernández lembra que “Estamos aplicando rigorosamente as normas de ocupación en función dos metros, contamos con todos os materiais de protección necesarios, e somos os primeiros absolutamente concienciados coa pandemia e interesados en coidarnos a nós mesmos e aos nosos clientes”.

Os establecementos están abrindo tras acometer as reformas necesarias para acomodarse á nova situación, que resultarían inútiles se se remata por incentivar a compra por Internet. Para Santiago Centro, afirmar que existe perigo de aglomeración nos pequenos comercios nestes momentos é descoñecer completamente o mercado e a situación. “O consumo está completamente retraído”, afirman, “co agravante de que durante as semanas de confinamento houbo moitas familias que se incorporaron por primeira vez á compra por Internet. Recuperar ese público resulta agora vital para o comercio, pero con este tipo de medidas non vai haber moita opción”.

Ningún comercio retallista quere abrir as súas portas con rebaixas tras semanas de inactividade, afírmase, pero a prohibición amosa un fondo descoñecemento do sector comercial retallista e dos seus ciclos anuais. “Unha cousa é regular as rebaixas e non permitilas para ninguén ata o mes de agosto, como se reclamaba desde o sector, e outra é prohibilas para o comercio tradicional e ao tempo fomentalas na rede.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies