O Museo do Pobo Galego asina un convenio coa Xunta para a súa nova etapa

0

Compostela, 15 de xuño do 2020 – O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi, asinaron o convenio anual entre a Xunta e esta institución pensando na nova etapa tras a ampliación.

O convenio co Museo do Pobo Galego é reforzado pola Xunta cunha partida adicional de 200.000 euros para iniciar o deseño da museografía que se estreará tras a ampliación, un proxecto que desenvolve o Consorcio de Santiago por colaboración de varias administracións, entre elas o Concello de Santiago.

O acordo, que supera os 500.000 euros, contribúe ao financiamento de parte dos gastos do museo e impulsa actividades culturais que se desenvolven neste inmoble, un espazo cargado de forte simbolismo e un emblema para Galicia e a cidade de Compostela.

O Museo do Pobo Galego asina un convenio coa Xunta para a súa nova etapa

A nova museografía, segundo contempla o proxecto xa presentado o pasado ano, desenvolverase na ala sur do museo. Esta é a primeira achega para a súa contratación, cunha dotación de 800.000 euros dos que o reparto previsto establece que o Goberno autonómico consigne o 50% en dúas anualidades. Román Rodríguez explicou que é un proxecto no que, a través do Consorcio de Santiago, varias administracións poñen en valor “unha cabeceira espiritual e simbólica da rede de museos antropolóxicos de Galicia”.

O prazo de finalización veuse lixeiramente afectado polo estado de alarma e, mentres que a previsión inicial era que a actuación rematase no mes de setembro, agora, debido o parón provocado pola covid-19, estímase que as obras finalicen en outubro deste mesmo ano.

A empresa adxudicataria continúa intervindo nas fachadas do edificio, renovando as cubertas e construíndo unha nova escaleira para unir todas as plantas do edificio. No marco desta intervención tamén se mellorará o illamento térmico do inmoble, renovarase a rede de subministros, substituirase a estrutura do chan e instalarase un novo ascensor.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial