займ срочно

Compostela conversa remata con Presumido e BFlecha

0

Compostela, 13 de abril do 2018 – A segunda edición do ciclo Compostela Conversa pecha esta noite no Teatro Principal con Presumido e BFlecha.

Dúas das propostas de electrónica máis interesantes do panorama actual galego protagonizarán esta sesión do Compostela Conversa. Ás 20.30 horas, o Teatro Principal acollerá o concerto dobre de Presumido, unha das bandas revelación do 2017, e BFlecha, a produtora e DJ galega que experimenta con novos sons a través do synth, o R&B, o pop e o trap. A través das actuacións en vivo e do diálogo aberto cos artistas, o público poderá descubrir aqueles fíos invisibles conectan as súas propostas sonoras.

No peche da súa segunda edición, Compostela Conversa ofrecerá unha sesión dificilmente repetible e cargada de emoción, inspiración, e novos sons por explorar. A conversa entre público e artistas, moderada unha vez máis por Cristina V. Miranda, transitará nesta ocasión pola electrónica do pasado, do presente e do futuro, polo son sintético fronte ao natural, o hedonismo fronte a introspección, a morte fronte resurrección, e o Synthpop 2.0 fronte ao Trap.

A entrada ten un prezo de 10 euros (5 euros para desempregados, maiores de 65 anos, xubilados, menores de 25 anos, estudantes, familias monoparentais, familias numerosas e perceptores de rendas sociais) e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de martes a sábado, + días de evento, de 18 a 21 h), no 981 910 522, en entradas.abanca.com

Presumido

A banda revelación do 2017 é unha ponte entre a música electrónica do pasado e a do presente. Un proxecto de Synth Pop 2.0 formado por Tarci Ávila e Nacho Dafonte, cuxa proposta é chegar a eses territorios musicais nos que o pop en castelán na súa versión máis electrónica xamais se ten metido. Por que Synthpop 2.0? Presumido collen o estilo dos clásicos do xénero como Depeche mode o Kraftwerk e empápano coas referencias máis contemporáneas como M83, Moderat, Daft Punk, e os artistas electrónicos máis irreverentes como Bjork, Apparat, Aphex Twin, Telefon TelAviv… Ademais da proposta musical ofrecen un espectáculo de luces e proxeccións que elaboran de forma artesanal e que converten o seu directo nunha experiencia audiovisual única.

BFlecha

O seu nome artístico significa mirar cara adiante, camiño do futuro, de cara ao positivo, na busca do coñecemento; o seu último disco é unha mestura de dous conceptos tan  como Qualia e Kwale, referida “ás cualidades subxectivas das experiencias individuais”. Belén Vidal é BFlecha, unha produtora e DJ que encerra un encontro constante de conexións infinitas que converxen na electrónica. Kwalia, o seu segundo traballo de estudio despois de Beta, invita ao que o se achega a el a unha viaxe interior e íntima, onde se atopar a través da música.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies